À Punt Mèdia
à Punt Mèdia | |
---|---|
Inicio das emisións | 5 de abril de 2017 |
Propiedade de | Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació |
Slogan | O espazo público de comunicación das valencianas e os valencianos |
Lingua | Valenciano |
Na rede
| |
http://www.apuntmedia.com/ |
À Punt Mèdia, é o nome comercial polo que se coñece á Sociedade Limitada de Medios de comunicación da Comunidade Valenciana S. A (acurtado como à Punt Mèdia SAMC), é o grupo de medios de comunicación públicos do País Valenciano, que dirixe a Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació que exerce a función de servizo público de radio e televisión públicas. Os seus obxectivos sociais inclúen a mercadotecnia, a publicidade dos seus produtos ou servizos e a formación e investigación no audiovisual. A xornalista Empar Marco é a súa directora dende o 2017.
Historia e creación de contidos
Presentáronse máis de 800 ofertas de programación e no mes de agosto de 2016 coñeceuse o contido seleccionado para os medios de comunicación. A selección fíxose tendo en conta criterios de interese, orixinalidade e calidade; o uso do valenciano; que estivese feito por valencianos e no País Valenciano; e a súa viabilidade financeira.
O día 8 de marzo de 2017, a Generalitat Valenciana publicou unha nota de prensa informando do nome escollido polo Consell Rector do CVMC de entre 82 propostas que lles chegaran. Popularmente, espallouse que o nome sería à. e à.mèdia, pero a directora Empar Marco dixo que o estaban a estudar e que, talvez, podería cambiar ao longo do traballo dos publicistas. Aínda que o logotipo só presenta un à, escríbese como À Punt, À Punt FM ou À Punt Mèdia.
La Colla será o nome do club infantil para as canles de televisión e radio de À Punt Mèdia. Presentouse por primeira vez, na carta de valores para os contidos infantís e xuvenís, o día 16 de xullo na Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació.[1]
O 11 de decembro de 2017, comezaron as emisións de À Punto Radio con dez programas que implican 28 horas de contidos semanais que se completan con espazos adicados á música e repeticións de programas. O programa de variedades Al Ras retransmite cada mañá, de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas, presentado por Jèssica Crespo. Cada vernes, o programa sae de Burjassot para gravar en diferentes aldeas.[2] Outro programa 'principal', é o Territori Sonor, un programa de variedades musicais, presentado por Amalia Garrigos, cara e voz principal da antiga Radiotelevisió Valenciana.[3] Así mesmo, hai programas semanais dedicados ao medio ambiente, a comida, animais, concursos, literatura, e a educación, entre outros.[4]
O 18 de decembro de 2017 lanzouse o sitio web oficial de À Punt Mèdia, onde se poden ouvir todos os "podcasts" dos programas emitidos en À Punt Radio. Nel pódense consultar a programación, e noticias sobre à Punt Mèdia xunto cunha sección infantil: La Colla. [5] Nese mesmo día, acometeuse o lanzamento dunha campaña de publicidade en diferentes medios de comunicación e en medios dixitais para dar a coñecer o espazo público de comunicación pública do País Valenciano. Desde días antes, a marca de À Punt xa se puido ver nos paneis publicitarios do terroritorio valenciano. A partir dese mesmo día comezou a publicidade na web e na radio, só da Generalitat Valenciana.[6]
Televisión
A televisión pública valenciana terá tres canles que emitirán en aberto pola TDT, a través das frecuencias polas que emitían anteriormente Canal Nou e Nova Canle de Dous, así como tamén en Internet. A primeira canle está orientada para o gran público; a segunda temática e informativa; e a terceira está dedicada ao público infantil. Este última transmitirase exclusivamente a través de Internet.
Chegouse a un acordo de reprocidade entre a Corporació Valenciana coas canles públicas de Cataluña (CCMA) , Illes balears (EPRTVIB), no que se especifica que se emitirán en cada comunidade autónoma os contidos de cada corporación.
Canles
Logotipo | Canle | Formato de imaxe | Medios de emisión | Comezo da emisión |
---|---|---|---|---|
à Punt
Canle xeneralista. |
HD | TDT e Internet | 10 de xuño de 2018 | |
- | Aínda por determinar
Canle temática e informativa. |
TDT e Internet | - |
Radio
A radio valenciana componse de dúas estacións: unha orientada ao gran público, con noticias, entretemento, ficción, faladoiros e deporte; e outra temática para a música e a cultura en valenciano. Emiten a través das frecuencias polas que retransmetían anteriormente Nou Ràdio, e Sí Ràdio.
Logotipo | Canle | Formato de son | Medios de emisión | Comezo das emisións |
---|---|---|---|---|
À Punt FM Canle xeneralista. |
AAC | FM, TDT e Internet | 11 de decembro de 2017 | |
- | Aínda por definir Canle temática. |
- | FM, TDT e Internet | - |
Multimedia
Os contidos emítense tamén baixo demanda por medio das aplicacións web e móbiles oficiais e outras plataformas de terceiros como YouTube. Os contidos son principalmente aqueles destinados a nenos, xunto co material "transmedia" que complementa o contido de transmisión por radio.[7]
Notas
- ↑ Carta de valors d'à Punt Mèdia.
- ↑ apunt-admin «La ràdio ix de l'estudi i viatja a Alacant Arquivado 22 de decembro de 2017 en Wayback Machine.» (en ca-es). apuntmedia.es.
- ↑ «Amàlia Garrigós ens descobreix el nou "Territori Sonor" d'À Punt» (en ca). Tresdeu.com.
- ↑ Vázquez, Cristina «La radio pública À Punt se estrena con 28 horas de contenidos semanales» (en es). EL PAÍS, 10-12-2017.
- ↑ «La web de À Punt arranca con series de animación y acceso a la radio» (en es). Las Provincias, 18-12-2017.
- ↑ apunt-admin «À Punt activa el seu web i inicia la campanya de comunicació Arquivado 22 de decembro de 2017 en Wayback Machine.» (en ca-es). apuntmedia.es.
- ↑ Bonillo, Maria «Doraemon vuelve a la tele valenciana». Levante-EMV, 10-12-2017 [Consulta: 10 desembre 2017].
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Lei 6/2016, de 15 de xullo, da Generalitat, do Servizo Público de radio e Televisión de ámbito Autonómico, de Propiedade da Generalitat Valenciana: https://www.dogv.gva.es/datos/2016/07/19/pdf/2016_5748.pdf