Àlex Susanna
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Àlex Susanna Nadal ![]() 12 de setembro de 1957 ![]() Barcelona, España ![]() |
Morte | 27 de xullo de 2024 ![]() Gelida, España ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Director da Axencia Catalá do Patrimonio Cultural | |
8 de marzo de 2016 – 18 de xullo de 2017 – Jusèp Boya i Busquet → | |
6º Director do Instituto Ramon Llull | |
3 de outubro de 2013 – 1 de marzo de 2016 ← Vicenç Villatoro i Lamolla – Manuel Forcano → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona - Filoloxía catalá ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, poesía, actividade tradutora, crítica literaria e cultural management (en) ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Cataluña ![]() |
Ocupación | escritor, poeta, profesor universitario, activista cultural, tradutor ![]() |
Empregador | Axencia Catalá do Patrimonio Cultural (2016–2017) Instituto Ramon Llull (2013–2016) Fundació Vila Casas ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Àlex Susanna i Nadal, nado en Barcelona o 12 de setembro de 1957 e finado en Gelida o 27 de xullo de 2024, foi un escritor, profesor, poeta e promotor cultural. Foi director da Fundación Caixa Catalunya La Pedrera (2004-2010), do Institut Ramon Llull (2013-2016) e da Axencia Catalá do Patrimonio Cultural (2016-2017).[1][2]
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Catalá na Universidade de Barcelona.[3] Foi profesor de literatura catalá e teoría da literatura na Universitat Rovira i Virgili (1982-1992),[4] fundador e director da Editorial Columna (1985-1999), do selo discográfico Columna Música (1997-2000) e do Festival Internacional de Poesía de Barcelona (1984-2000). Tamén codirixiu a colección de novelas "El Cercle de Viena", en Viena Edicions. Máis tarde converteuse en director de Cultura do Institut Ramon Llull (2002-2004), director da Fundación Caixa Catalunya,[5] e director de Cultura da Obra Social de Catalunya Caixa en La Pedrera (2009-2013).[6] En 2013 foi nomeado director do Institut Ramon Llull. Tres anos despois, en marzo de 2016, entregou o posto a Manuel Forcano, para que fose o director da Axencia Catalá do Patrimonio Cultural, ata que foi destituído en xullo de 2017.[7] En xaneiro de 2020 ingresou na Fundación Vila Casas como director de arte.[8]
Ademais de poeta e prosista, como crítico de arte publicou numerosos textos para catálogos e artigos sobre exposicións. Entre as súas traducións inclúense Monsieur Teste de Paul Valéry, Quatre Quartets, de T.S. Eliot (1984 e 2011), Irene de Aragon, Cal.ligrams de Apollinaire (2008).[9] Tamén colaborou como columnista en diversos medios de comunicación, como Avui e El Mundo, entre outros. A súa obra foi traducida ao español, francés, portugués, inglés, italiano, croata, grego, hebreo, árabe, chinés e ruso.[10] É membro da Academia Europea de Poesía e está representando a Agència Literària Balcells.[11]
Obra
Poesía
- Abandonada ment (1977).
- De l'home quan no hi veu (1979). Barcelona: El Mall.
- Memòria del cos (1980). Barcelona: La Gaia Ciència.
- Els dies antics (1982). Barcelona: El Mall.
- El darrer sol. Barcelona (1985). Proa.
- Palau d'hivern (1987). Barcelona: Columna.
- Poesia (1988). Eivissa: Caixa de Balears.
- Les anelles dels anys (1991). Barcelona: Proa.
- Tres nus a les Termòpiles (1992). Maó: Caixa de Balears.
- Boscos i ciutats (1994). Barcelona: Columna.
- Suite de Gelida (2001). Barcelona: Proa.
- Angles morts (2007). Barcelona: Proa.
- Dits tacats. Antologia 1987-2018 (2019). Lleida: Pagès.
Dietarios
- Quadern venecià (1989). Barcelona: Destino.
- Quadern de Fornells (1995). Barcelona: Columna.
- Quadern d'ombres (1999). Barcelona: Columna.
- Quadern dels marges (2006). Barcelona: Planeta.
- Paisatge amb figures (2019).
Arte
- Comes Busquets (1990). Sabadell: Ausa.
- Narcís Galià (1995). Barcelona: Columna.
Premios
- 1979: Miquel de Palol por Memòria del cos.
- 1981: Crítica Serra d'Or de edición de obra estranxeira por Monsieur Teste, de Paul Valéry (con Jordi Llovet).
- 1984: Englantina d'Or nos Jocs Florals de Barcelona por Seguiment del foc.
- 1988: Josep Pla oer Quadern venecià
- 1990: Carles Riba por Les anelles dels anys
- 1992: Flor Natural noo Jocs Florals de Barcelona per Davant d'un claustrer
- 2008: Chevalier des Arts et des Lettresdo Goberno francés.
- 2016: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[12]
Notas
- ↑ "Resultats i fitxa". Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya (en catalán). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Àlex Susanna enciclopèdia.cat". www.enciclopedia.cat. Consultado o 2021-01-15.
- ↑ ub (2009-10-08). "Universitat de Barcelona - Àlex Susanna imparteix una conferència en la cloenda del curs 2008-2009 del màster de Construcció i Representació d'Identitats Culturals". www.ub.edu (en catalán). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Àlex Susanna i Nadal". Círculo de Bellas Artes (en castelán). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Alex Susanna" (PDF). www.bcn.cat/. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xaneiro de 2022. Arquivado 25 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.
- ↑ Mora, Rosa; Manresa, Andreu (2004-05-03). "La Generalitat propone a Xavier Folch como director del Institut Ramon Llull". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Jusèp Maria Boya sustituye a Àlex Susanna en Agencia Catalana de Patrimonio". La Vanguardia (en castelán). 2017-07-18. Consultado o 2021-01-15.
- ↑ Callol, Mònica Planas (2019-10-01). "Àlex Susanna serà el nou director d'art de la Fundació Vila Casas". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ Abrams, D. Sam «T.S. Eliot: "llegiu-lo"». Cultura (El Punt Avui), 16-01-2015, p. 32.
- ↑ llull, fundació ramon lull. "Poetarium Poetarium". poetarium.llull.cat (en catalán). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Àlex Susanna". Agencia Literaria Carmen Balcells (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2020. Consultado o 2021-01-15. Arquivado 14 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- ↑ Ourense (2016-09-09). "Pen Galicia concede los premios Rosalía de Castro a Almudena Grandes y Salústio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-15.