Ángeles Huerta

Infotaula de personaÁngeles Huerta
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , guionista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega, lingua castelá e lingua asturiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm6642955 BNE: XX1708469 Editar o valor en Wikidata

Ángeles Huerta González, nada en Xixón en 1974 e residente en Galiza dende o ano 2002,[1] é unha directora de cine e guionista.

Traxectoria

Doutora en Literatura Comparada pola Universidade de Oviedo, comezou realizando curtametraxes de xeito autodidacta ao tempo que ensinaba idiomas, chegando a rodar dúas películas co seu alumnado de italiano (Amore ossoleto e Roma è troppo lontana).[2] Posteriormente mudouse a Londres e diplomouse en Practical Filmmaking na MetFilm School, rodando outras dúas curtas (Normal people e The Fetch). Traballou tamén no guión de La Nadadora, de Sandra Sánchez, e colaborou como documentalista en proxectos de comunicación alternativos.

Estreouse na especialidade de longametraxe co filme Esquece Monelos, o documental galego máis premiado no ano 2017. Esta obra foi galardoada co Premio Mestre Mateo na categoría de Mellor Documental, Mellor Dirección de Fotografía (Jaime Pérez) e Mellor Montaxe (Sandra Sánchez); e obtivo a Mención Especial do Xurado do certame Documentamadrid.[3] O filme foi candidato aos Premios Goya 2018 en oito categorías e finalista nos Premios Feroz na categoría Mellor Documental.

O seu seguinte proxecto foi outra longametraxe, O corpo aberto.[4] Unha historia de ficción baseada no relato Lobosandaus,[5] que forma parte do libro de contos Arraianos, publicado por Xosé Luís Méndez Ferrín. A película estreouse en outono de 2022,[6] e obtivo 12 premios na edición de 2023 dos premios Mestre Mateo, entre eles o da mellor longametraxe, mellor dirección e mellor guión.[7]

O 1 de xullo do 2023 foi nomeada Xuíza Honoraria do Couto Mixto.[8]

En 2024 comezou a rodarse baixo a súa dirección Antes de Nós sobre Castelao. O filme conta coa produción executiva de Zaza Ceballos. O guión é obra de Pepe Coira, a dirección de fotografía está a cargo de Lucía C. Pan, a dirección de arte de Elisa Robles, a música de Sofía Oriana e a montaxe de Lucía Iglesias. Xoán Fórneas será Castelao, acompañado de Cris Iglesias (Virxinia Pereira), Nancho Novo (Sobral), Xoel Fernández (Cándido), Miquel Insua (Viturro), Sergio Zearreta (Cubeiro), Isabel Vallejo (Xaquina) ou Adrián Ríos (Moure).[9]

Obras

Curtametraxes

  • Corredor (2009)
  • Io ti ailoviu (amore ossoleto) (2011)
  • Normal People (a smartphone tragedy) (2013)
  • Roma è troppo lontana (2013)
  • The Fetch (2014)
  • Próxima estación, San Sadurniño (2017)
  • A nena azul (2018)

Longametraxes

Notas

  1. "Espazo persoal da directora na web oficial do documental Esquece Monelos". Arquivado dende o orixinal o 04/08/2020. Consultado o 26/06/2019.  Arquivado 04/08/2020, en Wayback Machine.
  2. "Biografía de Ángeles Huerta na web do Instituto Cervantes.". Consultado o 26/06/2019. 
  3. "Olvida Monelos - DOCUMENTAMADRID 2017". DOCUMENTAMADRID. Consultado o 2021-12-02. 
  4. "Rodaxe na fronteira portuguesa de 'O corpo aberto'". G24. Consultado o 2021-12-02. 
  5. "A Cuarta Parede - Entrevista a Ángeles Huerta". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019.  Arquivado 26 de xuño de 2019 en Wayback Machine.
  6. RTVE, PRENSA (2021-11-11). "Comienza el rodaje de 'O corpo aberto', película participada por RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  7. "'O Corpo Aberto' consegue 12 premios na edición dos Mestre Mateo de 2023". Nós Diario. 2023-03-12. Consultado o 2023-03-12. 
  8. "Os novos xuíces honorarios do Couto Mixto reivindicaron un mundo sen fronteiras". 02/07/2023. Consultado o 03/07/2023. 
  9. Xestoso, Manuel (2024-09-12). "Ángeles Huerta retrata as paixóns de Castelao no seu próximo filme, 'Antes de Nós'". Nós Diario. Consultado o 2024-09-12. 
  10. Mato, Mar (2022-12-08). "“Me parecía arrebatador hacer una película de amor con potencial contemporáneo y queer"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-12-08. 

Véxase tamén

Ligazóns externas