Ōkami

Ōkami
Desenvolvedor(es)Clover Studio
Distribuidora(s)Capcom
Director(es)Hideki Kamiya
Produtor(es)Atsushi Inaba
Deseñador(es)Hiroshi Shibata
Compositor(es)Masami Ueda
Hiroshi Yamaguchi
Rei Kondoh
Akari Groves
Lanzamento2006
XéneroAcción
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)PlayStation 2
PlayStation 3
Wii
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt0884870 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ōkami (大神?, literalmente "gran deus", "gran espírito" ou "lobo" se se escribe 狼)[1] é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido por Clover Studio e publicado por Capcom. Foi estreado para PlayStation 2 de Sony Computer Entertainment no 2006, no Xapón e en América do Norte, e no 2007 en Europa e Australia. Malia o peche da Clover Studio uns meses despois do lanzamento inicial do xogo, unha versión para a consola Wii de Nintendo foi desenvolvida e producida por Ready at Dawn, Tose e Capcom, que se estreou en América do Norte en abril de 2008, en Europe en xuño de 2008, e no Xapón en outubro de 2009.

Ambientado no Xapón clásico, o xogo combina mitos e lendas xaponesas para contar a historia de que como a terra foi salvada da escuridade pola deusa do Sol xintoista, chamada Amaterasu, que toma a forma dun lobo branco. Incorpora un estilo baseado inspirado no sumi-e e o no pincel celestial, un xesto co rato do computador que fai milagres.

Ōkami foi un dos derradeiros xogos de PlayStation 2 escollidos para a súa estrea antes do lanzamento de PlayStation 3. Malia que sufriu polas escasas vendas, o xogo recibiu a aclamación da crítica, conseguindo o título de "Xogo do ano" de 2006. A popularidade do xogo medrou co tempo, e hoxe está considerado como un dos mellores xogos xamais realizados, así como un exemplo pioneiro da expresión artística nos videoxogos.

Notas

  1. Jane Pickard (16 de setembro de 2005). "Previews: Ōkami". Consultado o 18 de outubro de 2007. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas