.bg
.bg | |
---|---|
Tipo | dominio de nivel superior xeográfico |
Data de fundación | 1991 |
País | Bulgaria |
Na rede | |
https://register.bg | |
[ editar datos en Wikidata ] |
.bg é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bulgaria. Está operado por Register.bg.
As pautas para o rexistro de nomes no dominio impoñen que estes teñen que ser rexistrados por compañías e organizacións búlgaras, ou compañías de fóra que teñan presenza representativa en Bulgaria. O nome do dominio ten que representar o nome da compañía ou unha abreviación del. En xeral, calquera nome pode ser rexistrado se primeiramente é rexistrado no Rexistro búlgaro.
O prezo do rexistro é de 30 euros por ano (36 € incluíndo o IVE).
Até mediados de 2006, o prezo era de 50 USD para o rexistro e logo 50 USD por ano (dando un total de 120 USD incluíndo o IVE para o primeiro ano). Para o nivel local, isto era un prezo moi alto e moitas páxinas web búlgaras rexistráronse baixo dominios .com, .org, ou .net, pois os custos de rexistro son significativamente máis baixos (de 8 a 12 USD por ano) e con menos dificultades burocráticas.[1]
Desde o 25 de agosto de 2008, Register.BG simplificou os procedementos, permitindo o rexistro co .bg sen prover documentación (marca, nome da empresa) para o nome.[2] As disputas que se poidan dar serán resolvidas a través dunha comisión de arbitraxe de recente creación.[3]
Desde o 18 de setembro de 2006, Register.bg propón novos subdominios de terceiro nivel baixo a.bg, b.bg etc, (unha letra latina ou un díxito máis o .bg) a un baixo prezo (12€/ano incl. IVE), con menos restricións.[2] Está principalmente feito para persoas individuais.[4]
O 5 de setembro de 2009, Register.bg comezou a aceptar nomes de segundo e terceiro nivel en cirílico con letras que só hai na lingua búlgara.[5]
Notas
- ↑ Porque as firmas búgaras evitan a extensión .bg, Artigo de Martin Mitov na revista "Media sviat", decembro de 2003 (en búlgaro)
- ↑ 2,0 2,1 Termos e condicións, art. 2.3.4.2 e 2.3.5 Arquivado 20 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Termos e Condicións, Arbitraxe Arquivado 20 de novembro de 2010 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ Уважаеми клиенти Arquivado 06 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en búlgaro)
- ↑ Termos e condicións - Nome Arquivado 20 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
Véxase tamén
Outros artigos
- .бг