Institución do conclave que regulamenta a elección pontificia.
Carlos I de Anjou, privado do apoio papal, debe concluír unha tregua con Bizancio, que se aproveita para reforzarse na Albania e Morea, en canto que os corsarios lle devolven o dominio do mar Exeo.
A unión das Igrexas, puramente política, non é comprendida nin polo clero nin polo pobo grego. Rexeitada de principio polos estados gregos disidentes Epiro, Tesalia, é abandonada polo papa e por Andrónico II Paleólogo cando cesa a necesidade política.
Filipe III de Francia adquire o condado de Nemours, que integra no dominio real.
Lei nacional norueguesa: Magnus Lagaböter fai realizar un importante traballo de codificación. As leis provinciais transcríbense e examínanse co obxectivo de chegar ao establecemento dunha lexislación nacional, que se logrará en 1277.
África
O rei da Etiopía Yekouno Amlak pide a través do soberano do Iemen un novo bispo ao sultán do Cairo, mais este rexeita a petición dado que o soberano etíope lle fai a guerra aos príncipes musulmáns establecidos no leste do seu reino, en concreto ao sultán de Ifat, que ameaza a provincia de Choa.
Asia
Primeira tentativa infrutuosa de invasión do Xapón polos mongois: a invasión é rexeitada en Tsushima, en parte polo tifón (kamikaze, ou "vento dos deuses").
Morre Tou-tsong, emperador Song da China. O seu ministro Kia Sseu-tao coloca no trono a un neno de catro anos.
Á morte do djaghataide Togatemur, Qaidu coloca a Douwa, fillo de Barak, no trono de Transoxiana (até 1306). Douwa apoia ao seu soberano dentro das súas pretensións ao título de Gran khan.
7 de marzo - Gregorio de Aquino, teólogo e filósofo italiano, chamado ás veces o doutor anxelical ou o príncipe da escolástica.
14 de xullo - San Boaventura, teólogo italiano e xeneral dos franciscanos, chamado o doutor seráfico, coñecido sobre todo polos seus escritos espirituais. (n. 1217).