23 de agosto
<< | Agosto | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2024 Todos os días |
O 23 de agosto e o 235º día do ano do calendario gregoriano e o 236º nos anos bisestos. Quedan 130 días para finalizar o ano.
Acontecementos
- 79 - Comeza a erupción do Monte Vesuvio, que sepulta Pompeia e Herculano o día seguinte.
- 406 - Radagaiso é executado despois de ser derrotado polas tropas romanas comandadas por Estilicón.
- 775 - Redacción do Celeiro, documento do rei Silo, o máis antigo en pergamiño que se conserva na Península Ibérica.
- 1244 - Xerusalén, apenas defendida, é tomada polo sultán de Exipto, ficando definitivamente perdida para os cristiáns.
- 1328 - Batalla de Kassel: tropas francesas abortan unha sublevación de campesiños flamengos.
- 1566 - Os Países Baixos recoñecen os dereitos dos calvinistas.
- 1614 - Fundación da Universidade de Groningen, Países Baixos.
- 1617 - En Londres, institúese por vez primeira a rúa de sentido único.
- 1914 - Primeira guerra mundial: O Xapón únese ao bando aliado e declara a guerra a Alemaña.
- 1923 - Únense os equipos de fútbol vigueses Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo dando lugar ao Celta.
- 1927 - Executan os anarquistas italo-americanos Sacco e Vanzetti.
- 1939 - Alemaña e a Unión Soviética asinan un pacto de non-agresión, o denominado Pacto Molotov-Ribbentrop. Nunha cláusula secreta adxunta ambos estados repártense os países bálticos, Finlandia e Polonia.
- 1940 - Os alemáns comezan o bombardeo de Londres.
- 1942 - Iníciase a batalla de Stalingrado.
- 1990 - Alemaña Occidental (ou RFA) e Alemaña Oriental (ou RDA) anuncian a súa unión para o 3 de outubro.
Nacementos
- 1754 - Lois XVI de Francia (m. 1792).
- 1769 - Georges Cuvier, naturalista francés (m. 1769).
- 1852 - Clímaco Calderón, presidente de Colombia (m. 1913).
- 1864 - Eleftherios Venizelos, primeiro ministro de Grecia (m. 1936).
- 1893 - Edmundo Lorenzo Santiago, político socialista galego (m. 1973).
- 1921 - Kenneth Arrow, economista estadounidense, Premio Nobel.
- 1924 - Robert Solow, economista estadounidense, Premio Nobel.
- 1925 - Robert Mulligan, director cinematográfico estadounidense.
- 1929 - Vera Miles, actriz estadounidense.
- 1930 - Michel Rocard, primeiro ministro de Francia.
- 1931 - Hamilton Othanel Smith, microbioloxista estadounidense, Premio Nobel
- 1932 - Houari Boumédienne, político alxeriano (m. 1978)
- 1933 - Robert Curl, químico estadounidense, Premio Nobel.
- 1945 - Rita Pavone, cantante e actriz italiana.
- 1978 - Kobe Bryant, xogador de baloncesto estadounidense (m. 2020).
Mortes
- 634 - Abu Bakr, 1º califa do islam.
- 1176 - Rokujo, 79º emperador do Xapón.
- 1305 - William Wallace, patriota escocés (executado).
- 1540 - Guillaume Budé, humanista francés.
- 1591 - Luis de León, relixioso e poeta español.
- 1629 - Tomás de Lemos, frade dominico e teólogo galego (n. 1555).
- 1806 - Charles-Augustin de Coulomb, físico francés (n. 1736).
- 1892 - Manoel Deodoro da Fonseca, primeiro Presidente do Brasil (n. 1827).
- 1926 - Rodolfo Valentino, actor italiano (n. 1895).
- 1926 - Francisco Ponte Blanco, enxeñeiro e escritor galego (n. 1853).
- 1927 - Nicola Sacco, anarquista italo-norteamericano (executado) (n. 1891).
- 1927 - Bartolomeo Vanzetti, anarquista italo-norteamericano (executado) (n. 1888).
- 1977 - Naum Gabo, escultor ruso.
- 1982 - Stanford Moore, bioquímico estadounidense, Premio Nobel (n. 1913)
- 1997 - John Cowdery Kendrew, biólogo molecular británico, Premio Nobel (n. 1917)
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: San Donato, Santa Rosa de Lima, San Flaviano de Autun, San Zaqueo de Xerusalén, San Lupo, Santa Tydfil, Santo Ireneo de Lión, Santo Ovidio.
Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro