30 de maio
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2024 Todos os días |
O 30 de maio é o 150º día do ano do calendario gregoriano e o 151º nos anos bisestos. Quedan 215 días para finalizar o ano.
Acontecementos
- 1416 - A Igrexa católica queima vivo a Xerónimo de Praga por defender ao reformador relixioso Jan Hus.
- 1810 - Levantamento patriótico na Coruña liderado, entre outros, por Sinforiano López.
- 1871 - Derrotada a Comuna de París
- 1913 - Sinatura de tratado de paz encerra a Primeira Guerra Balcánica. A Albania tornase independente
- 1953 - Fundación do club de fútbol Galicia de Mugardos.
- 1961 - Na República Dominicana é asasinado Rafael Leónidas Trujillo, ditador durante 31 anos (1930-1961).
- 1967 - Publícase Cien años de soledad de Gabriel García Márquez.
- 1981 - Na Arxentina atópanse os cadáveres do parricidio coñecido como Caso Schoklender.
- 1981 - En Bangladesh, o presidente Ziaur Rahman é asasinado nun golpe de estado dirixido polo xeneral Manzur.
- 1982 - España ingresa na Organización do Atlántico Norte (OTAN), converténdose no membro número dezaseis.
- 1992 - A ONU decreta un embargo total contra Serbia e Montenegro.
- 2006 - O Secretario do Tesouro de Estados Unidos, John W. Snow, presenta a súa renuncia.
Nacementos
- 1220 - Alexandre Nevski, gran príncipe de Novgorod e Vladimir (m. 1263).
- 1672 - Pedro, O Grande, tsar de Rusia (m. 1725).
- 1786 - José Pimentel Montenegro, militar e político galego (m. 1838).
- 1814 - Mikhail Bakunin, anarquista ruso (m. 1876).
- 1815 - Vicente Álvarez Miranda, escritor e político galego (m. 1858).
- 1845 - Amadeu de Savoia, rei de España (1870-1873).
- 1896 - Howard Hawks, director cinematográfico estadounidense (m. 1977).
- 1913 - Isabel Gago, enxeñeira química (m. 2012)
- 1923 - Xavier Costa Clavell, escritor galego (m. 2006).
- 1928 - Agnès Varda, directora de cinema belga.
- 1931 - Antonio Gamoneda, escritor español.
- 1948 - Salvador Puig Antich, anarquista catalán e último asasinado polo garrote vil no réxime franquista.
- 1951 - Fernando Lugo, sacerdote católico e presidente de Paraguai.
- 1964 - Tom Morello, músico estadounidense.
- 1980 - Steven Gerrard, futbolista inglés.
Mortes
- 1252 - Fernando III de Castela, rei e santo católico.
- 1431 - Xoana de Arco, heroína e santa francesa (n. 1412).
- 1640 - Peter Paul Rubens, pintor flamengo (n. 1577).
- 1744 - Alexander Pope, poeta inglés (n. 1688).
- 1778 - Voltaire, filósofo francés.
- 1885 - Saturnino Álvarez Bugallal, avogado, xornalista e político galego (n. 1834).
- 1918 - Georgi Plekhanov, revolucionario ruso (n. 1856).
- 1960 - Boris Pasternak, escritor ruso (n. 1890).
- 1994 - Juan Carlos Onetti, escritor uruguaio (n. 1909).
- 2010 - José Díaz Fuentes, escultor galego (n. 1940).
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: Santa Xoana de Arco, San Fernando (Fernando III de Castela)