80ª edición dos Óscar

A 80ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2007 dos Estados Unidos e celebrouse o 24 de febreiro de 2008 no Kodak Theatre de Hollywood, Os Ánxeles. Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. Gil Cates foi o produtor do evento, facendo con esta a súa décimo cuarta quenda.[1] Jon Stewart presentou a cerimonia, sendo a segunda vez. Anteriormente presentara a 78ª edición dos Óscar.[2]

Non é un país para vellos dominou a gala acadando catro premios dos oito ós que optaba, incluíndo o Óscar ó mellor filme. Por primeira vez dende a 37ª edición dos Óscar (1964), a Academia entregou os catro premios de interpretación a actores non americanos. Os galardoados foron: Daniel Day-Lewis (irlandés) por There Will Be Blood (Mellor actor), Marion Cotillard (francesa) por La Môme (Mellor actriz), Javier Bardem (español) por Non é un país para vellos (Mellor actor secundario) e Tilda Swinton (inglesa) por Michael Clayton (Mellor actriz secundaria). A cerimonia continuou coa tendencia dos anos anteriores, sen un filme premiado máis de catro veces.

Gañadores e nomeados

Os nomeados desta edición foron anunciados o 22 de xaneiro polo presidente da Academia, Sid Ganis, e a actriz Kathy Bates, no Samuel Goldwyn Theater na sede da Academia en Beverly Hills (California). Os filmes Non é un país para vellos e There Will Be Blood recibiron cada un deles oito nomeamentos.

Premios

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[3]

Irmáns Coen, Mellores directores
Daniel Day-Lewis, Mellor actor
Marion Cotillard, Mellor actriz
Javier Bardem, Mellor actor secundario.
Tilda Swinton, Mellor actriz secundaria.
Diablo Cody, Mellor guión orixinal
Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
  • Juno – Diablo Cody
    • Lars and the Real Girl – Nancy Oliver
    • Michael Clayton – Tony Gilroy
    • Ratatouille – Brad Bird
    • The Savages – Tamara Jenkins
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
  • Taxi to the Dark Side – Alex Gibney e Eva Orner
    • No End in Sight – Charles H. Ferguson e Audrey Marrs
    • Operation Homecoming: Writing the Wartime Experience – Richard E. Robbins
    • SickoMichael Moore e Meghan O’Hara
    • War/Dance – Andrea Nix Fine e Sean Fine
  • Freeheld – Cynthia Wade e Vanessa Roth
    • La Corona – Amanda Micheli e Isabel Vega
    • Salim Baba – Tim Sternberg e Francisco Bello
    • Sari's Mother – James Longley
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
  • The Mozart of Pickpockets – Philippe Pollet-Villard
    • At Night – Christian E. Christiansen e Louise Vesth
    • The Substitute – Andrea Jublin
    • Tanghi Argentini – Guido Thys e Anja Daelemans
    • The Tonto Woman – Daniel Barber e Matthew Brown
  • Peter and the Wolf – Suzie Templeton e Hugh Welchman
    • I Met the Walrus – Josh Raskin
    • Madame Tutli-Putli – Chris Lavis e Maciek Szczerbowski
    • Even Pigeons Go To Heaven (Même les pigeons vont au paradis) – Samuel Tourneux e Simon Vanesse
    • My Love (Moya Lyubov) – Alexander Petrov
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais
Predecesor:
79ª edición dos Óscar
Premios Oscar
80ª edición dos Óscar
Sucesor:
81ª edición dos Óscar

Notas

  1. "80th Annual Academy Awards Show Producer". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  2. "Jon Stewart returns as Oscar host". BBC. 12 de setembro de 2007. Consultado o 12 de setembro de 2007. 
  3. "The 80th Academy Awards (2008) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas