A chave secreta
A chave secreta | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La chiave |
Director | Tinto Brass |
Produtor | Giovanni Bertolucci |
Guión | Tinto Brass[1] |
Baseado en | Kagi de Junichiro Tanizaki |
Intérpretes |
|
Música | Ennio Morricone[1] |
Fotografía | Silvano Ippoliti[1] |
Montaxe | Tinto Brass[1] |
Estudio |
|
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 116 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Erótico |
Orzamento | 200 000 dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A chave secreta (en italiano: La chiave) é un filme erótico italiano de 1983 dirixido por Tinto Brass. Ambientado en Venecia durante o réxime fascista nos primeiros meses do ano 1940, narra a historia dunha muller duns corenta anos que non pode corresponder ao seu marido, mais experimenta un espertar sexual tardío co prometido da súa filla, o que lle permite por fin compracer ao seu marido. O filme causou escándalo nalgúns sectores porque contén varias tomas explícitas de espidos (considerados por certos críticos como "xinecolóxicos")[2] e escenas de sexo coa recoñecida actriz Stefania Sandrelli.[2][3] Porén, o filme obtivo un certo nivel de éxito comercial.[2][3]
Estreouse subtitulado en galego o 5 de decembro de 2020 a través da TVG.[4]
Personaxes
- Stefania Sandrelli como Teresa Rolfe
- Frank Finlay como Nino Rolfe
- Barbara Cupisti como Lisa Rolfe
- Franco Branciaroli como Laszlo Apony
- Ricky Tognazzi como un estudante
- Ugo Tognazzi como un bébedo
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Pulleine, Tim (1985). "Chiave, La". Monthly Film Bulletin (British Film Institute) 52 (612): 44. ISSN 0027-0407.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Andrea Bruni, Manlio Momarasca. Monamour. Nocturno Dossier n.25, Cinemabis Comm. pp. 35–39.
- ↑ 3,0 3,1 Lino Miccichè. Schermi opachi: il cinema italiano degli anni '80. Marsilio, 1998. pp. 66–68.
- ↑ Versión en galego (ed.). "A chave secreta na TVG". Consultado o 29 de xuño de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- A chave secreta na IMDb (en inglés).