A guerra dos mundos

A guerra dos mundos
Cuberta da primeira edición
Título orixinalThe War of the Worlds
Autor/aH. G. Wells
OrixeReino Unido
Linguainglés
Xénero(s)Ciencia ficción
Editorial William Heinemann
Galicia Edicións Xerais
Data de pub. 1898[1]
Galicia 1997
Páxinas303
ISBNISBN 8483022141
Precedido porO home invisible
Seguido porThe Sleeper Awakes
TraduciónGonzalo Constenla
Esther Sánchez Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

A guerra dos mundos[2] (na versión orixinal The War of the Worlds) é unha novela de ciencia ficción do autor H. G. Wells. É a historia en primeira persoa das aventuras dun protagonista sen nome (e do seu irmán) en Surrey, Londres, cando o planeta Terra é invadido por marciáns. Escrito en 1895–97,[3] é unha das primeiras historias que contan un conflito entre a humanidade e unha raza extraterrestre.[4] Esta novela é unha das máis comentadas no eido da ciencia ficción.[5]

Adaptacións

O trípode

A guerra dos mundos tivo varias adaptacións cinematográficas, dramas de radio, libros de banda deseñada, videoxogos, series de televisión, e secuelas ou historias paralelas doutros autores.

  • A máis famosa adaptación foi o programa de radio de 1938 que foi narrado e dirixido por Orson Welles. Os primeiros dous terzos dos 60 minutos que duraba o programa foron presentados como un boletín de novas, o que provocou que o pánico se espallara entre os oíntes que creron que os eventos descritos no programa eran verdade.[6]
  • En 1953 estreouse o filme A guerra dos mundos, a primeira adaptación ó cine. Foi producido por George Pal e dirixirdo por Byron Haskin.
  • En 1978 fíxose a gravación mellor vendida da historia, coas voces de Richard Burton e David Essex, producido por Jeff Wayne.
  • Steven Spielberg dirixiu a adaptación de 2005 protagonizada por Tom Cruise, que recibiu críticas positivas.[7][8]

Notas

  1. Facsímile da primeira edición orixinal
  2. "A guerra dos mundos en Xerais". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 04 de agosto de 2013. 
  3. David Y. Hughes and Harry M. Geduld, A Critical Edition of The War of the Worlds: H.G. Wells's Scientific Romance (Bloomington and Indianapolis: Indiana University Press, 1993), p. 1.
  4. John L. Flynn (2005). "War of the Worlds: From Wells to Spielberg". p.5
  5. Patrick Parrinder (2000). "Learning from Other Worlds: Estrangement, Cognition, and the Politics of Science Fiction and Utopia". P.132. Liverpool University Press
  6. Brinkley, Alan (2010). "Capítulo 23 - The Great Depression". The Unfinished Nation. p. 615. ISBN 978-0-07-338552-5. 
  7. "War of the Worlds". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  8. "War of the Worlds". Rotten Tomatoes. Consultado o 3 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas