Aappilattoq, Kujalleq

Modelo:Xeografía políticaAappilattoq, Kujalleq
Aappilattoq (kl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
 60°09′01″N 44°17′06″O / 60.1503, -44.285
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia
ConcelloKujalleq Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación100 (2020) Editar o valor en Wikidata (169,49 hab./km²)
Lingua oficialLingua groenlandesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie0,59 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3922 Nanortalik Editar o valor en Wikidata

Aappilattoq (antigamente Augpilagtoq) é unha poboación da municipalidade de Kujalleq, no sur de Groenlandia. Significa "anemone de mar" en lingua groenlandesa. Posuía 138 habitantes en outubro de 2011.[1]

A área de Aappilattoq estivo habitada desde o século XIX, mais o asentamento actual fundouse en 1922.

As principais ocupacións da xente son a caza e a pesca.

Posúe unha escola, Jaajap atuarfia, con 22 alumnos no 2006,[2] como tamén unha igrexa.

Até o 31 de decembro de 2008, pertencía a Nanortalik e a partir do 1 de xaneiro de 2009, forma parte de Kujalleq, cando os antigos municipios de Qaqortoq, Narsaq e Nanortalik deixaron de existir como entidades administrativas.

Alberga un heliporto operado pola Air Greenland, aínda que a principal vía de comunicación é a marítima, sendo practicamente inaccesible por terra.

Xeografía

Aappilattoq atópase ao leste de Nanortalik, a uns 50 km ao norte de Cabo Farewell, o cabo máis meridional de Groenlandia, entre fiordes.

Galería de imaxes

Poboación

Notas

  1. Concello de Kujalleq Arquivado 10 de xullo de 2012 en Archive.is (en dinamarqués)
  2. Concello de Kujalleq (ed.). "Skole og Daginstitutioner - Aappilattoq". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 30 de outubro, 2011.