Acad
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Mesopotamia |
Río Éufrates – Tigris |
Cidades / Imperios |
Sumeria: Uruk – Ur – Eridu |
Kish – Lagash – Nippur |
Imperio acadio: Agadé |
Babilonia – Isín – Larsa – Susa |
Asiria: Asur – Nínive |
Nuzi – Nimrud |
Imperio Babilónico – Caldea – |
Elam – Amorreos |
Mitanni – Casitas |
Cronoloxía |
Reis sumerios |
Reis de Asiria |
Reis de Babilonia |
Lingua |
Escrita cuneiforme |
Lingua sumeria – Acadio |
Elamita |
Mitoloxía |
Gilgamesh – Marduk |
Acad, Acadia,[1] Accad, Akkad ou Agadé era unha cidade ao norte da Babilonia (actual Iraq), na marxe esquerda do Éufrates entre Asiria e Sumeria, unha das capitais do imperio de Nimrod, segundo unha citación da Biblia (no transcorrer do terceiro milenio a.C.). Acadou o seu máximo apoxeo entre os séculos XXII e XVIII a.C. como capital do Imperio acadio, antes do ascenso de Babilonia.
Etimoloxía
Os hebreos usaron o nome Akkad, que é a forma semita do antigo nome non semita, Agadé.
O nome non semita Agade significa, probabelmente, coroa (ago) de lume (de), e está ligado a Ishtar, "a deusa brillante", a deusa do amor e da guerra, que é a brillante estrela da mañá e do solpor (Venus).
Parece que Agade non foi un nome dado a unha rexión, e o título "emperador de Sumeria e de Agade" significaba a pretensión de reinar sobre as partes norte e sur de Babilonia.
Historia
O lugar exacto no que se localizaba Acad non foi aínda identificado. Os primeiros rexistros escritos acadios datan do tempo de Sargón, no século XXIII a.C., quen conquistou as cidades sumerias e construíu un auténtico imperio dende o mar Mediterráneo ata Anatolia, formando un dos primeiros imperios que se estableceu no Medio Oriente. Sargón coñeceuse no seu tempo como o rei dos catro recantos da Terra, en alusión ás "catro cidades" bíblicas (Agade, Babel, Erech e Calneh), e en recoñecimento ao éxito na unificación mesopotámica.
Os gutis foron os responsábeis da fin do imperio sumerio-acadiano, por volta de 2180 a.C., cando invadiron Agade procedentes dos Montes Zagros.
Entre as características culturais de Agade, cítanse o uso da escrita cuneiforme e a presenza dos cigurats, pirámides en chanzos con fins relixiosas.
Fontes
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Previsualización de referencias
- ↑ Gran dicionario século21 da lingua galega. Editorial Galaxia. 2006. p. 1440. ISBN 9788482893419.