Achkhabad

Modelo:Xeografía políticaAchkhabad
Aşgabat (tk) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

Nomeado en referencia avalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Localización
 37°57′N 58°23′L / 37.95, 58.38Coordenadas: 37°57′N 58°23′L / 37.95, 58.38
EstadoTurkmenistán Editar o valor em Wikidata
Capital de
Turkmenistán (1991–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.030.063 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.346,49 hab./km²)
Lingua oficialLingua turcomá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie765 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude219 m Editar o valor em Wikidata
Creación1881 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoShamuhammet Durdylyyev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal744000 — 744901 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2TM-S Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webashgabat.gov.tm… Editar o valor em Wikidata
Achkhabad - Aşgabat.

Achkhabad[1][2][3] (transliterado do ruso Ашхабад; en turcomán Aşgabat) é a capital de Turkmenistán e a principal cidade dese país, con 773 400 habitantes (xaneiro de 2004). Atópase situada nun oasis no deserto de Karakum, xunto aos montes Kopet Dag, preto da fronteira con Irán.

Poboación

A poboación é maioritariamente musulmá sunnita. Existen minorías cristiás de orixe rusa e armenia.

Historia

Ashkhabad é unha cidade relativamente nova, que se desenvolveu a partir dunha aldea do mesmo nome fundada en 1818. Atópase situada cerca da localización orixinal de Nisa, a antiga capital dos partos, e das ruínas da cidade de Konjikala na Ruta da Seda, que foi destruída polos mongois.

En 1869, o exército ruso construíu unha fortaleza sobre un outeiro próximo á aldea, e a presenza militar, unida á seguridade derivada desta, atraeu a numerosos mercadores e artesáns á zona. A rexión foi anexionada en 1884 por Rusia, que decidiu desenvolver a cidade como un núcleo comercial debido á súa proximidade ao territorio de Persia, entón baixo influencia británica. Naquela época, considerábase unha cidade moderna e elegante, con moitas tendas e hoteis, e edificios de estilo europeo.

En 1917, tras establecerse o control soviético, a cidade foi renomeada como Poltoratsk, en honra dun revolucionario local. O nome Ashkhabad, na súa forma rusa "Ashjabad", foi restablecido en 1927. A partir deste momento, a cidade experimentou un rápido crecemento e industrialización, que se viron interrompidos por un grave terremoto o 6 de outubro de 1948. Estímase que o sismo alcanzou un grao 9 na escala de Richter, e deixou sen vida a máis de 110 000 persoas (2/3 da poboación total da cidade). Os medios oficiais soviéticos, con todo, anunciaron unha cifra de mortos moito máis baixa, de 14 000.

En 1991, coa proclamación da independencia de Turkmenistán, converteuse na capital nacional do novo estado.

Economía

A cidade é o principal centro económico e comercial do país. As principais industrias da cidade son os téxtiles de algodón e a metalurxia.

Lugares de interese

A maior parte da cidade antiga foi destruída polos terremotos, en particular polo de 1948. Por iso, Ashkhabad carece do típico casco antigo oriental que posúen outras cidades centroasiáticas.

Na cidade existen diversos museos de arte e de historia. É famoso o seu xardín botánico, así como varias mesquitas modernas.

Cidades irmandadas

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 108. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 133. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas