Adalberto de Praga

Adalberto de Praga
Nacementoc. 956 e 956
Lugar de nacementoLibice nad Cidlinou
Falecemento23 de abril de 997 e 997
Lugar de falecementoVistula Lagoon
SoterradoCatedral de San Vito
Nacionalidadevalor descoñecido
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
PaiSlavník
NaiStřezislava
IrmánsSoběslav
Na rede
Find a Grave: 6871802 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Relicario de prata na catedral de Gniezno, Polonia.

Adalberto de Praga ou santo Adalberto (en checo Vojtěch), nado en Libice nad Cidlinou no 957 e finado no 997, foi relixioso de Bohemia, bispo da Igrexa católica.

Traxectoria

Naceu nunha familia nobre. Estudou durante dez anos con Adalberto de Magdeburgo, ao morrer este tomou o seu nome. Foi bispo de Praga (982) e entrou en conflito co duque de Bohemia, Boleslao II o que provocou a súa marcha a Roma en 990. Batizou a Geza de Hungría e o seu fillo; tamén traballou para converter aos poloneses.

Martirizado en abril de 997 na costa do mar Báltico en territorio dos prusianos bálticos, canonizado no 999. A súa festa celébrase o 23 de abril. É o patrón de Prusia, Bohemia, Polonia e Hungría.