Adelchis
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 740 ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 788 (Gregoriano) ![]() valor descoñecido ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Outro | |
Título | Príncipe Patrikios (en) ![]() ![]() |
Pais | Desiderio ![]() ![]() |
Irmáns | Liutberga da Lombardia Adelperga da Lombardia Anselperga Desiderata Gerberge de Lombardia ![]() |
Adelchis foi un príncipe longobardo de Italia, fillo do rei Desiderio. Sendo elixido o seu pai en 757, foi asociado ao trono en 759.
Traxectoria
Tras a capitulación do seu pai en Pavia cercada polos francos de Carlomagno (marzo de 774), vendo o final irremediábel do reino longobardo, decide fuxir e refúxiase en Bizancio (775) onde recibe o título de patricio.
Desde Bizancio, espera poder reconquistar o reino longobardo e tomar o poder, pero fracasa na súa tentativa de invasión de Italia meridional, apoiado pola emperatriz Irene; é rexeitado en 787 por unha coalición composta polo xove príncipe longobardo Grimoaldo III de Benevento, vasalo de Carlomagno, e os francos. Morre no curso da expedición ou pouco despois en Bizancio, en 788.
Posteridade
Inspirou a obra do escritor italiano Manzoni, Adelchi (nome italiano de Adelchis)