Agüimes
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.643 (2023) (411,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 79,28 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 275 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Sebastián | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Morales Mendez (en) | ||||
Orzamento | 38.000.000 € | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35260, 35269, 35270, 35118 e 35119 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35002 | ||||
Sitio web | aguimes.es |
Agüimes é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Posúe varios espazos naturais protexidos.
O municipio ten hoteis e casa de curto aloxamento para poder desenvolver o turismo rural, o que atrae varios centos de visitantes ao ano. Posúe tamén un polígono industrial (o de Arinaga) no que se aloxan máis de 700 empresas.
Historia
O Agüimes actual foi fundado en 1491 sobre un importante asentamento aborixe logo de terminada a conquista castelá de Gran Canaria. Foi creado como vila baixo señorío episcopal por orde dos Reis Católicos, e outorgado á Igrexa como compensación pola colaboración desta durante a conquista. O territorio agüimense alberga diversos asentamentos prehispánicos de grande importancia: o propio centro histórico de Agüimes, Guayadeque e Temisas.
A súa riqueza hídrica, grazas aos cursos de auga provenientes da conca do barranco de Guayadeque, permitiu tras a conquista os primeiros cultivos de cana de azucre. Máis modernas son as explotacións de tomate e cogombro na zona de Arinaga destinadas á exportación.
Do mesmo xeito que no resto do sueste de Gran Canaria, parte da poboación de Agüimes optou no pasado pola emigración a Cuba, Porto Rico e outros países de América. Actualmente é unha zona de inmigración, beneficiada polo auxe do turismo no sur da illa e doutras actividades de servizos. Hai que sinalar ademais a puxanza da zona industrial de Arinaga, en torno ao porto homónimo.
Localidades
- Cruce de Arinaga
- Playa de Arinaga
- Agüimes
- Polígono de Arinaga
- Montaña Los Vélez
- Las Rosas
- La Banda
- Temisas
- Llanos Prietos (Los Espinales)