Alan Rees
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1938 Newport, Reino Unido |
Morte | 6 de setembro de 2024 (86 anos) Ascot, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | piloto de carreiras , piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Alan Rees, nado en Langstone (Monmouthshire) o 12 de xaneiro de 1938[1] e finado en Ascot o 6 de setembro de 2024,[2] foi un piloto de automobilismo do País de Gales.
Traxectoria
Participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial na década de 1960, aínda que en dúas destas aparicións pilotaba coches de Fórmula 2. Non logrou puntos de campionato. O seu mellor resultado foi o sétimo lugar (segundo na clase de Fórmula 2) no Gran Premio de Alemaña de 1967.[3]
Rees pilotou para o equipo Lotus Fórmula Júnior en 1962 e gañou tres carreiras antes do accidente nos 1000 km de Nürburgring de coches deportivos co que rematou a súa tempada.[4] De 1963 a 1968, pilotou para o equipo Roy Winklemann Racing na Fórmula Dous e frecuentemente obtivo vitorias sobre pilotos experimentados como Jackie Stewart e Jochen Rindt.[4]
Despois de que rematara a súa carreira de piloto, Rees cofundou March Engineering; As súas iniciais son as "AR" en "March", xunto con Max Mosley, Graham Coaker e Robin Herd. Posteriormente converteuse en director de equipo de Shadow Racing Cars e máis tarde cofundou Arrows Grand Prix International.[Cómpre referencia]
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1966 | Roy Winkelmann Racing | Brabham BT18 (F2) | Cosworth 4 en liña 1.0L |
MON | BEL | FRA | GBR | NED | ALE Ret |
ITA | USA | MEX | NC | 0 | ||
1967 | Cooper Car Company | Cooper T81 | Maserati V12 | RSA | MON | NED | BEL | FRA | GBR 9 |
NC | 0 | |||||
Roy Winkelmann Racing | Brabham BT23 (F2) | Cosworth 4 en liña 1.6L |
ALE 7 |
CAN | ITA | USA | MEX | |||||||||
Fonte:[3]
|
Notas
- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ "No words ❤️". Paul Rees on Facebook. 6 de setembro de 2024. Consultado o 7 de setembro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 309. ISBN 0851127029.
- ↑ 4,0 4,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 308. ISBN 0851127029.
Véxase tamén