Albedo
Albedos | % luz reflectida |
Neve recente | 86 |
Nubes moi brillantes | 78 |
Nubes (media) | 50 |
Desertos terrestres | 21 |
Solo terrestre sen vexetación | 13 |
Bosques (media) | 8 |
Cinza volcánica | 7 |
Océanos | 5 a 10 |
Sistema Solar (albedo medio) | |
---|---|
Lúa | 7 |
Mercurio | 6 |
Venus (atmosfera) | 70 |
Terra vista desde o espazo | 37 a 39 |
Marte | 15 |
Urano | 45 |
Neptuno | 55 |
Xúpiter | 41 |
Saturno | 42 |
Sistema Solar outros (albedo medio) | |
Meteoritos | 7 |
Fobos | 6 |
Deimos | 6 |
Albedo é unha medida da reflectividade difusa ou poder reflectante dun corpo ou dunha superficie. É a razón entre a radiación electromagnética reflectida e a cantidade incidente.
Esta fracción acostúmase a presentar como unha porcentaxe, entre 0% e 100%, e é un importante concepto da astronomía e mais da climatoloxía. A proporción depende da frecuencia da radiación considerada: se non se especifica, refírese a unha media ao longo do espectro da luz visible. Tamén depende do ángulo de incidencia da radiación.
En astronomía, o albedo dos satélites e asteroides pódese utilizar para inferir acerca da composición da superficie, especialmente sobre a cantidade de xeo. En astronomía ofrece un medio indirecto de pescudar a natureza dun astro mediante a comparación do seu albedo co de materias coñecidas: o máis alto corresponde ó do planeta Venus, o máis baixo a algúns asteroides carbonáceos e así como ós satélites marcianos Fobos e Deimos.
En física nuclear, o albedo é a capacidade, por parte dunha substancia, de reflectir neutróns. Mídese polo cociente entre o número de neutróns reflectidos e o número total de neutróns emitidos.
Exemplos
O albedo da neve recente é elevado, mentres que o da superficie do mar é baixo.
A Terra ten un índice medio de 37% a 39% mentres que a Lúa ten preto de 12%.