Albrecht Altdorfer
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1480 ![]() Ratisbona, Alemaña ![]() |
Morte | 12 de febreiro de 1538 (Gregoriano) ![]() Ratisbona, Alemaña ![]() |
Relixión | Luteranismo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e arquitectura ![]() |
Lugar de traballo | Ratisbona ![]() |
Ocupación | pintor, gravador, gravador de cobre, iluminador, arquitecto, construtor ![]() |
Movemento | Renascimento alemão (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Erhard Altdorfer ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) ![]() Encyclopedic Lexicon (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Albrecht Altdorfer, nado en Ratisbona c. 1480 e finado na mesma cidade en 1538, foi un pintor alemán, líder da escola do Danubio no sur de Alemaña, contemporáneo de Albrecht Dürer.
Traxectoria
Familia
O seu pai foi o gravador Ulrich Altdorfer, e o seu irmán Erhard (ás veces escrito Erhart) foi un arquitecto e pintor da corte de Schwerin no Renacemento temperán. O apelido familiar era tamén ás veces escrito Altdorffer ou Altorfer.[1]
Obra
Foi pintor de temas relixiosos e mitolóxicos, famoso tamén por pintar paisaxes pola súa fermosura e non como ilustración de ningunha historia ou parábola, quizais o primeiro pintor europeo en colocar a paisaxe como motivo autónomo, como centro do seu traballo.
As pinturas de Altdorfer fanse eco dos descubrimentos de Nicolao Copérnico, presentando pola primeira volta un mundo no que o Sol ocupa o lugar da Terra como centro do Universo.
As paisaxes de Altdorfer adoitan ser verticais,[2] como A batalla de Alexandre en Issos (1529, Múnic).

A batalla de Alexandre
Esta extraordinaria pintura mostra unha vista no sur do Mediterráneo, cunha masa de figuras nunha grande batalla en primeiro plano. Os combatentes están en Issos, na Turquía moderna, pero a vista se esténdese alén de Chipre até a costa de Exipto, península do Sinaí e o Mar Vermello.[3]
Orixinalmente formaba parte dun conxunto de pinturas históricas con mesmo formato.
A batalla de Alexandre en Issos está considerada como a súa obra mestra; co pretexto de representar a vitoria de Alexandre sobre Darío ilustra unha visión do mundo radicalmente nova, un novo tipoloxía pictórica chamada 'Paisaxe do mundo'.
Galería
- Detalle da "Batalla de Alexandre".
- Paisaxe do Danubio co castelo de Wörth.
- Retrato dunha muller nova, h. 1522, Museo Thyssen-Bornemisza.
Notas
- ↑ Ulrich Thieme, Felix Becker (1907). Allgemeines Lexikon der bildenden Künstler von der Antike bis zur Gegenwart. Leipzig, W. Engelmann.
- ↑ Wood, 49
- ↑ Wood, 22–23, 201–202, 266–267; Snyder, 362–363; Harbison,
Véxase tamén
Bibliografía
- Alte Pinakotek, Munich; (catálogo), 1986, Edition Lipp, ISBN 3-87490-701-5
- Christopher S. Wood, Albrecht Altdorfer and the Origins of Landscape, 1993, Reaktion Books, Londres, ISBN 0-948462-46-9
- Christoph Wagner, Oliver Jehle (eds.), Albrecht Altdorfer. Kunst als zweite Natur, 2012, Schnell & Steiner Verlag, Regensburg (= Regensburger Studien zur Kunstgeschichte, Vol. 17), ISBN 978-3-7954-2619-4
- Jochen Sander, Stefan Roller, Sabine Haag, Guido Messling (eds.), Fantastische Welten. Albrecht Altdorfer und das Expressive in der Kunst um 1500, 2014, Hirmer, Munich, ISBN 978-3-7774-2266-4 (catálogo da exposición no Städel Museum de Frankfort, 5 de novembro de 2014 - febreiro de 2015 e no Kunsthistorisches Museum, Viena, 17 de marzo - 14 de xuño de 2015)