Aleksander Kwaśniewski
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1954 (69 anos) Białogard, Polonia (pt) |
3º Presidente da Polónia (pt) | |
23 de decembro de 1995 – 23 de decembro de 2005 ← Lech Wałęsa – Lech Kaczyński → | |
Member of the Sejm of the Republic of Poland (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Polonia |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Gdańsk (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Varsovia |
Ocupación | político , xornalista |
Empregador | Universidade de Georgetown |
Partido político | Partido Obreiro Unificado Polaco Alianza da Esquerda Democrática |
Lingua | Lingua polaca, lingua rusa e lingua inglesa |
Participou en | |
21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
Familia | |
Cónxuxe | Jolanta Kwaśniewska (1979–) |
Fillos | Aleksandra Kwaśniewska (en) |
Premios
| |
Páxina web | kwasniewskialeksander.eu |
Aleksander Kwaśniewski, nado o 15 de novembro de 1954 en Białogard, foi o presidente de Polonia dende o 23 de decembro de 1995 ata o ano 2005 pertencendo á Alianza da Esquerda Democrática.
Foi activista do Sindicato Socialista de Estudantes Polacos, en polaco, Socjalistyczny Związek Studentów Polskich, SZSP, organización ligada ao réxime comunista, e logo ministro de deportes no goberno comunista na década dos 80.
Sucedeu a Lech Wałęsa como presidente tras gañar as eleccións en 1995 e foi reescolleito para un segundo e último mandato no 2000 (obtendo a maioría dos votos xa na primeira volta).
Tamén foi antigo dirixente e un dos fundadores do Partido Socialdemócrata da República de Polonia (Socjaldemokracja Rzeczypospolitej Polskiej), sucesor do Sindicato de Traballadores Polacos, e posteriormente da Alianza da Esquerda Democrática (Sojusz Lewicy Demokratycznej).
Tras a formación da coalición política Esquerda e Demócratas foi elixido como o seu presidente.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Biografía por Fundación CIDOB Arquivado 07 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
Predecesor: Lech Wałęsa |
Presidente de Polonia 23 de decembro de 1995 – 23 de decembro de 2005 |
Sucesor: Lech Kaczyński |