Alex Txikon
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de decembro de 1981 Lemoa, España |
| Actividade | |
| Ocupación | escaladora (pt) |
| Deporte | rock climbing (en) |
| Sitio web | alextxikon.com |
Alex Txikon, nado en Lemoa (Biscaia) o 12 de decembro de 1981, é un alpinista vasco.
Traxectoria
Ascendeu con éxito dez dos catorce oitomiles. No ano 2016 acompañado por Simone Moro e Ali Sadpara completou a primeira ascensión invernal ó Nanga Parbat[1].
Ascensións de oitomiles:
- 2017: Intenta sen éxito unha invernal sen oxíxeno ó Everest.[2]
- 2016: Nanga Parbat (Primeira invernal)
- 2013: Lhotse
- 2011: Gasherbrum I e Gasherbrum II enlazando os dous cumios e emulando a xesta de Reinhold Messner en 1984, rexistrada por Werner Herzog no seu documental Gasherbrum Der Leuchtende Berg[3] ("Gasherbrum a Montaña Luminosa"). A ascensión de Txikon tamén quedou rexistrada no documental Aizkora hotsak goi mendietan.
- 2010: Annapuna e Shisha Pangma
- 2009: Shisha Pangma e Kangchenjunga
- 2008: Dhaulagiri e Manaslu
- 2007: Shisha Pangma
- 2004: Cho Oiu e Makalu
- 2003: Broad Peak
Notas
- ↑ "Álex Txikon, Ali Sadpara y Simone Moro, ¡cima en el Nanga Parbat invernal!". desnivel.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ "Cómo rechazó el intratable Everest la histórica ascensión de Alex Txikon. Noticias de Otros deportes". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2017-04-01.
- ↑ Carlos Eduardo Riveros Villagra (2016-02-15). "Gasherbrum Der Leuchtende Berg 1984 Werner Herzog (sub español)". Consultado o 2016-08-27.