Alexander Karl Heinrich Braun
Alexander Braun no frontispicio de Leben nach seinen handschriftlichen Nachlass (Berlín 1882) | |
Nome orixinal | Alexander Karl (ou Carl) Heinrich Braun |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de maio de 1805 Ratisbona, Reino de Baviera |
Morte | 29 de marzo de 1877 Berlín, Imperio alemán |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Residencia | Alemaña |
País de nacionalidade | bávara, alemá |
Formación profesional | Botánica |
Educación | Universidade de París Universidade de Múnic Universidade de Heidelberg |
Q89547790 | morfoloxía vexetal |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, Micoloxía, paleontoloxía, morfoloxía e bioloxía |
Ocupación | biólogo, botánico (algólogo, briólogo, micólogo, pteridólogo), catedrático de Universidade |
Empregador | Universidade de Friburgo, Universidade de Giessen Universidade de Karlsruhe Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Universidade Humboldt de Berlín Xardín botánico de Berlín |
Membro de | |
Lingua | alemán, latín |
Obra | |
Doutorando | Paul Wilhelm Magnus (pt) e Friedrich Adalbert Maximilian Kuhn |
Abreviación dun autor en botánica | A.Braun |
Familia | |
Irmáns | Cecile ° Braun |
Parentes | Friedrich Mayer, tío |
Premios | |
Orde Bávara de Maximiliano para as Ciencias e as Artes (1874) | |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Deutsche Biographie (en) , (sec:Braun, Alexander), Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Браун Александр) |
Alexander Karl Heinrich Braun, tamén coñecido como Alexander Braun, nado en Ratisbona o 10 de maio de 1805 e finado en Berlín o 29 de marzo de 1877 foi un botánico alemán.
Foi o representante máis destacado da Naturphilosophie (morfoloxía idealista) vexetal, instituída por Goethe.[1]
Traxectoria
Alexander Braun estudou botánica en Heidelberg, París e Múnic. Foi profesor de botánica nas universidades de Friburgo, Giessen, Karlsruhe, Bonn e na Universidade Humboldt de Berlín, nesta desde 1851; máis tarde foi tamén o director do Xardín botánico de Berlín.
Os seus traballos máis coñecidos versaron sobre a célula vexetal e a filotaxia en espiral (á disposición das follas, brácteas, flores ou outras estruturas vexetais repetitivas de forma regular, ao redor dun eixe o centro, a miúdo dispostas segundo un ou varios sistemas de espirais ou hélices).[2]
Braun dedicou gran parte da súa obra á reflexión sobre a individualidade orgánica nos vexetais. A partir do paralelismo entre o ciclo vital dun vexetal a á vida dos taxons, Braun establecieu unha distinción entre o "individuo morfolóxico" e o "individuo fisiolóxico", que tería unha grande influencia sobre Ernst Haeckel. [3]
Braun interesouse en numerosos grupos taxonómicos: algas, brións, fieitos e plantas superiores (espermatófitos), así como no estudo de plantas fósiles.[4]
Entre as especies de plantas descritas por Braun están: Aframomum corrorima, Centipeda cunninghamii, Linnaea floribunda, Phytolacca rugosa, Selaginella kraussiana e Solanum citrullifolium.
A lista completa dos 359 taxons descitos por Brau pode verse aquí.
Alexander Braun foi membro da Academia Alemá das Ciencias Naturais Leopoldina, da Real Academia das Ciencias de Suecia, da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias, da Academia de Ciencias de Baviera, da Academia Prusiana das Ciencias e da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.
Obras
- 1831: Untersuchung über die Ordnung der Schuppen an den Tannenzapfen
- 1842: Nachträgliche Mitteilungen über die Gattungen Marsilea und Pilularia
- 1850: Betrachtungen über die Erscheinung der Verjüngung in der Natur, insbesondere in der Lebens- und Bildungsgeschichte der Pflanze
- 1851: Betrachtungen über die Erscheinung der Verjüngung in der Natur, insbesondere in der Lebens- und Bildungsgeschichte der Pflanze
- 1852: Über die Richtungsverhältnisse der Saftströme in den Zellen der Characeen
- 1853: Das Individuum der Pflanze in seinem Verhältnis zur Spezies etc.
- 1854: Über den schiefen Verlauf der Holzfaser und die dadurch bedingte Drehung der Stämme
- 1854: Über einige neue und weniger bekannte Krankheiten der Pflanzen, welche durch Pilze erzeugt werden
- 1854: Das Individuum der Species in seinem Verhältnis zur Pflanze
- 1855: Algarum unicellularium genera nova et minus cognita
- 1856: Über Chytridium, eine Gattung einzelliger Schmarotzergewächse auf Algen und Infusorien
- 1857: Über Parthenogenesis bei Pflanzen
- 1860: Über Polyembryonie und Keimung von Caelebogyne
- 1862: Über die Bedeutung der Morphologie
- 1862: Zwei deutsche Isoetesarten
- 1863: Über Isoetes
- 1865: Beitrag zur Kenntnis der Gattung Selaginella
- 1867: Die Characeen Afrikas
- 1867: Conspectus systematicus Characearum europaearum
- 1870: Neuere Untersuchungen über die Gattungen Marsilea und Pilularia
- 1872: Über die Bedeutung der Entwicklung in der Naturgeschichte
Abreviatura
A abreviatura A.Braun emprégase para recoñecer a Alexander Karl Heinrich Braun como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[4]
Notas
- ↑ La Morfología Idealista Arquivado 19 de marzo de 2021 en Wayback Machine. en publicacionesmedicina.uc.cl (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Jean, R. V.; Barabe, D.; Adler, I. (1 de setembro de 1997). "A History of the Study of Phyllotaxis". Annals of Botany 80 (3): 231–244. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Braun, Alexandre (1851). Betrachtungen über die Erscheinung der Verjüngung in der Natur, insbesondere in der Lebens-und Bildungsgeschichte der Pflanze. Leipzig: Engelmann.; Braun, Alexandre (1953). "Das Individuum der Pflanze in seiner Verhältnissen zur Species, Generationsfolge, Generationswecsel, un Generationstheilung der Pflanze"..
- ↑ 4,0 4,1 Braun, Alexander Karl (Carl) Heinrich (1805-1877) no IPNI.
Véxase tamén
Bibliografía
- Alexander Braun. Na Leopoldina.
- August Wilhelm Eichler (1879): Rede bei der Enthüllung des Denkmals von Alexander Braun
- Gustav Fischer (1998): Geschichte der Biologie: Theorien, Methoden, Institutionen, Kurzbiographien. Jena: Gustav Fischer Verlag. ISBN 978-34-3735-010-8.
- Karl Mägdefrau (1999): Geschichte der Botanik. Leben und Leistung großer Forscher. 2. Auflage. Heidelberg: Springer-Verlag GmbH. ISBN 978-3-4372-0489-0.
Ligazóns externas
- Braun, Alexander Karl (Carl) Heinrich (1805-1877) en Global Plants.