Alexandre Cabanel

Alexandre Cabanel
Nacemento28 de setembro de 1823
Lugar de nacementoMontpellier
Falecemento23 de xaneiro de 1889
Lugar de falecementoParís
Soterradocemetery Saint-Lazare (Montpellier)
NacionalidadeFrancia
Alma máterEscola Nacional Superior das Belas-Artes e Academia da França em Roma
Ocupaciónpintor e profesor universitario
Coñecido porThe Birth of Venus, sen etiquetar e Cleópatra Testando Venenos em Criminosos
Premioscomendador da Lexión de Honor, Prix de Rome e Ordem de São Miguel da Baviera
editar datos en Wikidata ]

Alexandre Cabanel, nado en Montpellier o 28 de setembro de 1823 e finado en París o 23 de xaneiro de 1889, foi un pintor francés, representante do neoclasicismo académico. Dedicouse a temas históricos, mitolóxicos e relixiosos. Tamén foi un excelente acuarelista e autor de retratos, paisaxes e composicións decorativas.[1]

Traxectoria

En 1840 ingresou na École des Beaux Arts, onde foi alumno de Picot. Máis tarde sería nomeado profesor desta famosa escola. Actuou varias veces no Salón de París e recibiu unha medalla de segunda clase en 1852, unha medalla de primeira clase en 1855 e dúas veces unha medalla de honra (en 1865 e 1867).

Foi amigo de Napoleón III e recibiu o encargo de pintar obras importantes para a decoración dos pazos imperiais.

En París foi un dos mestres de pintores franceses como Étienne Terrus (da Cataluña Norte ou Rosellón) e portugueses como António da Silva Porto, João Marques de Oliveira, Horácio Hora, Rodolfo Amoedo e Almeida Júnior.

Galería

Notas

  1. "Alexandre Cabanel". fr.dbpedia.org. Consultado o 2022-08-16. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • BENEZIT, E. Dicionario, etc. París, Gründ, 1999.