Alfred Jodl

Alfred Jodl
Nacemento10 de maio de 1890
Lugar de nacementoWürzburg
Falecemento16 de outubro de 1946
Lugar de falecementoNúremberg e Nuremberg Court Prison
Causaenforcamento
NacionalidadeReino de Baviera, República de Weimar e Alemaña nazi
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxeLuise Jodl
PremiosCruz de Cavaleiro da Cruz de Ferro, Crachá Dourado do Partido Nazi, Clasp to the Iron Cross, Medalha Anschluss, Cruz de Honra e Distintivo de Ferido
Na rede
IMDB: nm0423513 WikiTree: Jodl-2 Find a Grave: 7010 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alfred Jodl, nado en Würzburg, Alemaña, o 10 de maio de 1890 e finado o 16 de outubro de 1946, foi oficial da Wehrmacht e axudante persoal de Wilhelm Keitel.

Traxectoria

Educado na escola de cadetes en Múnic, graduouse en 1910, incorporándose ao exército como oficial de artillería. Durante a primeira guerra mundial combateu nas frontes occidental e oriental, sendo ferido en dúas ocasións.

Coñeceu a Adolf Hitler en 1923 e en 1935 foi nomeado Xefe de Defensa Nacional da Wehrmacht. O 26 de agosto de 1939 ascendeu a xeneral. Durante a segunda guerra mundial foi Xefe do Departamento de Mando e Operacións no OKW, sendo conselleiro estratéxico de Hitler. Á morte deste foi nomeado Xefe de Estado Maior de Karl Dönitz, asinando a capitulación incondicional de Alemaña en Reims o 7 de maio de 1945.

Foi detido polo exército británico o 23 de maio de 1945, recluído no campo de prisioneiros de guerra de Flensburg e acusado polo Tribunal de Nuremberg de crimes de guerra, crimes contra a paz e crimes contra a humanidade, sendo executado na forca o 16 de outubro de 1946.

Véxase tamén