Ali MacGraw

Modelo:BiografíaAli MacGraw

(1972) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Elizabeth Alice MacGraw Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Pound Ridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAli MacGraw Editar o valor en Wikidata
ResidenciaTesuque Editar o valor en Wikidata
EducaciónChoate Rosemary Hall
Wellesley College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, modelo, actriz de cinema, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeSteve McQueen (1973–1978), divorcio
Robert Evans (1969–1972), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosJosh Evans
 () Robert Evans Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0532298 Allocine: 4936 Rottentomatoes: celebrity/ali_macgraw Allmovie: p44193 10783 TV.com: people/ali-macgraw IBDB: 412873 WikiTree: MacGraw-1 Editar o valor en Wikidata

Elizabeth Alice MacGraw, nada en Pound Ridge, Nova York, o 1 de abril de 1939,[1] é unha actriz estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos

MacGraw naceu en Pound Ridge,[2] filla dos artistas comerciais Frances (de solteira Klein)[3] e Richard MacGraw.[1] A súa nai, xudía húngara, filla de emigrantes de Budapest, optou por non revelar a súa ascendencia ao pai de Ali; en lugar diso manifestou que ignoraba a súa procedencia. "Creo que papá era intolerante", dixo MacGraw.[1][4][5][6]

A súa nai era considerada unha "pioneira" como artista, que dera clases en París antes de establecerse en Greenwich Village. Os seus pais casaron cando a súa nai tiña case 35 anos: "O meu fermoso pai: unha combinación de Tyrone Power e un misterio, un artista brillante e un cerebro alén dos cerebros".[1] El nacera en Nova Jersey e pasara a súa infancia nun orfanato. Fuxiu ao mar cando tiña dezaseis anos e estudou arte en Múnic. MacGraw engadiu: "Papá estaba asustado e estaba realmente moi enfadado. Nunca perdoou os seus verdadeiros pais por renunciar a el".[1] De adulto, reprimiu constantemente a rabia que tiña contra os seus pais. Ela describiu o seu pai como "violento".[7]

MacGraw asistiu a Rosemary Hall en Greenwich, Connecticut e graduouse no Wellesley College de Wellesley, Massachusetts en 1960.[1]

Carreira

A partir de 1960, MacGraw pasou seis anos traballando na revista Harper's Bazaar como axudante de fotógrafa da experta en moda Diana Vreeland.[1] Traballou na revista Vogue como modelo e como estilista de fotografía.

Comezou a súa carreira como actriz en anuncios de televisión, incluíndo un para a cámara Polaroid Swinger.[8] Nun anuncio de International Paper, estaba nunha praia cun bikini feito de Confil e ía nadar baixo a auga para demostrar a súa forza e durabilidade. MacGraw gañou moito recoñecemento con Goodbye, Columbus (1969), o seu primeiro papel protagonista, pero o verdadeiro salto ao estrelato chegou cando protagonizou xunto a Ryan O'Neal Love Story (1970), un auténtico éxito de público nos Estados Unidos,[9] polo que foi candidata ao óscar e ao Globo de Ouro. Posteriormente protagonizou xunto a Steve McQueen The Getaway (1972).

En 1983 protagonizou a miniserie de televisión The Winds of War e en 1985 uniuse á telenovela Dynastyda ABC como Lady Ashley Mitchell, cousa que, admitiu nunha entrevista de 2011, fixo polos cartos.[10]

MacGraw fixo o seu debut en Broadway como a matriarca dunha familia disfuncional na obra Festen.

Vida persoal

Mentres estaba na universidade, MacGraw coñeceu o canadense alemán Robert "Robin" Martin Hoen, un banqueiro educado en Harvard, e a parella casou o 29 de outubro de 1960.[11] Divorciáronse en xullo de 1962.[11][12] Hoen morreu o 13 de setembro de 2016.[13]

Despois do seu primeiro divorcio, MacGraw tivo unha serie de relacións e un aborto; o procedemento aínda era ilegal naquel momento.[14] En 1979, a nai de MacGraw, que tiña 38 anos cando a deu a luz, revelou que ela mesma se sometera a un aborto propio a principios dos anos 20.[14]

O 24 de outubro de 1969, MacGraw casou co produtor de cine Robert Evans.[15] O seu fillo, Josh Evans, é actor, director, produtor e guionista. Separáronse en 1972 despois de que ela se relacionase con Steve McQueen na rodaxe de The Getaway. O divorcio de MacGraw de Evans finalizou o 7 de xuño de 1973 e o 12 de xullo casou con McQueen en Cheyenne, Wyoming. Divorciáronse en agosto de 1978.[16]

Na súa autobiografía, Moving Pictures, MacGraw revelou as súas loitas contra o alcohol e a adicción ao sexo. Foi tratada polo primeiro no Betty Ford Center.

Filmografía

Ano Título Personaxe
1968 A Lovely Way to Die Melody
1969 Goodbye, Columbus Brenda Patimkin
1970 Love Story Jennifer Cavilleri
1972 The Getaway Carol McCoy
1978 Convoy Melissa
1979 Players Nicole Boucher
1980 Just Tell Me What You Want Bones Burton
1985 Murder Elite Diane Baker
1994 Natural Causes Fran Jakes
1997 Glam Lynn Travers
1999 Get Bruce Ela mesma

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Weller, Sheila (marzo de 2010). "Once in Love with Ali". Vanity Fair. p. 5. Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  2. Farrant, Rick (2020). Somewhere Bluebirds Fly. Dorrance Publishing Company. p. 30. ISBN 9781648042935. 
  3. "Person Details for Frances Macgraw". FamilySearch. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2015. 
  4. Kleiner, Dick (12 de abril de 1969). "Ingenue Star Ali McGraw Is Selective About Parts". Tuscaloosa News. Consultado o 20 de agosto de 2010. 
  5. Bykofsky, Stuart D. (4 de febreiro de 1983). "Ali MacGraw: A Star by Chance". Philadelphia Daily News. p. 60. 
  6. "Jews in the News: Fred Savage, Herman Wouk and Ali MacGraw". JewishTampa.com. 
  7. Gordon, Meryl (3 de abril de 2006). "A Long-Lost Love". New York: 69–70. 
  8. Lippert, Barbara (25 de xuño de 2018). "Meet the Swinger". Advertising Age: 32. 
  9. "Domestic Grosses". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2012. 
  10. Gilchrist, Todd (15 de xaneiro de 2011). "Ali MacGraw Reflects on Her Career in Front of the Camera". Speakeasy. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2011. 
  11. 11,0 11,1 MacGraw, Ali (1991). Moving Pictures. Bantam. ISBN 0553072706. 
  12. Flippo, Chet (14 de febreiro de 1983). "Ali MacGraw Hopes War Finally Will Bring Her Peace". People. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. 
  13. "Obituary of Robert "Robin" Martin Hoen". Legacy.com. 17 de setembro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  14. 14,0 14,1 MacGraw, Ali (5 de agosto de 1985). "When Abortion Was Illegal – Personal Tragedy, Coping and Overcoming Illness". People. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2009. Consultado o 9 de xuño de 2009. 
  15. "The Kid Bows Out: Movie Producer Robert Evans Dies At 89". National Public Radio. 28 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2020. 
  16. Windeler, Robert (24 de xullo de 1978). "Ali's Back!". People.

Véxase tamén

Ligazóns externas