Ali Shogentsukov
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (kbd) Щоджэнцӏыкӏу Iэсхьэд и къуэ Алий ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de outubro de 1900 ![]() Baksan, Rusia (en) ![]() ![]() |
Morte | 29 de novembro de 1941 ![]() Distrito de Babrujsk, Belarús ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, prosista ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Unión Soviética ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шогенцуков Али Асхадович) Enciclopedia soviética armenia, volume 8, (p.540) ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/%D0%A8%D0%BE%D0%B3%D0%B5%D0%BD%D1%86%D1%83%D0%BA%D0%BE%D0%B2.jpg/220px-%D0%A8%D0%BE%D0%B3%D0%B5%D0%BD%D1%86%D1%83%D0%BA%D0%BE%D0%B2.jpg)
Ali Ashatovich Shogentsukov (en kabardino ЩоджэнцIыкIу Iэсхьэд и къуэ Алий), nado en Bekhisen o 28 de outubro de 1900 e finado Babruisk o 29 de novembro de 1941, foi un profesor, escritor e tradutor kabardino, fundador da literatura kabardina.
Traxectoria
Naceu no óblast de Terek, no asentamento de Kushmezıkuey, que máis tarde se integraría na localidade de Bekhisen, xa formada a República Kabardino-Balkaria. En 1914 despois de se formar nunha escola rural entrou na madrasa de Bekhisen, pero expulsárono tras organizar unha protesta contra a decisión de cesar a Nuri Zahova (1890-1935) por ensinar materias en kabardino. Decidiu entón matricularse no Instituto Pedagóxico de Bekhisen, mais en decembro de 1917 pechou a escola por mor dos acontecementos revolucionarios e tivo que continuar a estudar en Istambul, foi na súa estadía en Turquía cando escribiu o seu primeiro poema, "Nane". En 1919 volveu a Kabardina, traballou como profesor de kabardino, foi director de escola e inspector educativo; tamén escribiu artigos en xornais, preocupándose pola lingua kabardina e a educación da xeración máis nova.
A partir de 1934 traballou na Unión de Escritores local, dedicado á identificación e promoción de novos escritores, e ao mesmo tempo desenvolveu labores como bolseiro no Instituto de Cultura da República Kabardino-Balkaria, participando en expedicións para a colleita e procesamento de material do folclore caucásico; neste labor centrouse na historia e cultura dos circasianos, tanto kabardinos como adigueos. Ao inicio da segunda guerra mundial escribiu versos patrióticos, instando aos cidadáns soviéticos a defender a patria. Participou na guerra e capturado no outono de 1941, morreu nun campo de concentración nazi en Babruisk (Belarús).
Actividade literaria
Considerado o creador da poesía kabardina soviética[1], escribiu unha novela en verso, 8 poemas narrativos, 2 contos, 11 poemas, 20 artigos xornalísticos e traduciu 9 obras do ruso ao kabardino.[2] A súa produción constitúe unha crónica literaria do pobo kabardino na época anterior á revolución e mais da soviética, seguindo a tradición da poesía oral kabardina[3]. Tamén marcou o inicio da prosa kabardina soviética ao publicar o seu primeiro conto en 1931. Traduciu obras de Pushkin, Lermontov, Shevchenko, Gorky e Khetagurov.
Obras
- Стиххэмрэ поэмэхэмрэ, Налшык, 1938;
- Хьэжыгъэ пут закъуэ : Рассказ. Налшык, 1940;
- Ныбжьыщ1э хахуэ: Поэма. Налшык, 1940;
- Стиххэмрэ поэмэхэмрэ . Налшык, 1941;
- Тхыгъэ нэхъыф!хэр . Налшык, 1948;
- Къамботрэ Лацэрэ. Роман //ЛХА «Кабарда». 1948. Кн.2. С. 63-74;
- Тхыгъэхэр тхылъитIу, поэмы. Налшык, 1957;
- Тхыгъэхэр томитIy, т. 1-2. Налшык, 1961;
- Тхыгъэхэр . Нальчик, 1990;
- Тхыгъэхэр. Нальчик, 2000.
Notas
- ↑ "Ali Shogentsukov" The Great Soviet Encyclopedia, 3rd Edition (1970-1979).
- ↑ Шоджэнц1ык1у Алий. Тхыгьэхэр (Али Шогенцуков. Сочинения. Налшык, 1990)
- ↑ Хизир Хаджибекирович Хапсироков (2002) Жизнь и литература: Сборник статей ОЛМА Медиа Групп, p. 91