Alicia Silverstone

Alicia Silverstone
Silverstone no 2010.
Nacemento4 de outubro de 1976 (47 anos)
LugarSan Francisco, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónxudaísmo
Educada enSan Mateo High School e Hillsborough City School District
Cónxuxe(s)Christopher Jarecki (m. 2005)
Fillos1
ProfesiónActriz, produtora, autora e activista
Na rede
http://www.thekindlife.com/
IMDB: nm0000224 Allocine: 20033 Rottentomatoes: celebrity/alicia_silverstone Allmovie: p65707 TCM: 177694 Metacritic: person/alicia-silverstone TV.com: people/alicia-silverstone IBDB: 90154
Facebook: AliciaSilverstone Twitter: AliciaSilv Instagram: aliciasilverstone Pinterest: aliciasilv TikTok: aliciasilverstone iTunes: 291827698 Last fm: Alicia Silverstone Musicbrainz: e0e5e9b8-6b03-420a-964b-5e52377c8835 Discogs: 3719116 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alicia Silverstone, nada en San Francisco o 4 de outubro de 1976, é unha actriz, produtora, autora e activista estadounidense.[1][2][3] Silverstone fixo o seu debut no cine no filme The Crush, e gañou fama como ídolo adolescente despois de aparecer en tres vídeos musicais de Aerosmith. En 1995, protagonizou Clueless e en 1997, en Batman e Robin, no cal interpretou a Batgirl. Continuou a súa carreira no cine, na televisión e no teatro. Polo seu papel no drama Miss Match, Silverstone recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro.

Vida persoal

Familia

Silverstone ten dous irmáns máis vellos, unha media irmá do anterior matrimonio do seu pai, Kezi Silverstone, e un irmán, David Silverstone. Casou co seu noivo de sempre, o músico de rock Christopher Jarecki, nunha cerimonia á beira do mar en Lago Tahoe en xuño de 2005.[4] Vivían nunha casa ecolóxica nos Ánxeles, con paneis solares e un xardín orgánico. Silverstone comprou a casa, compartida cunha "colección de cans rescatados", en 1996.[5] A parella separouse en 2018.[6]

O 5 de maio de 2011, Silverstone deu a luz a un neno chamado Bear Blu Jarecki.[7]

Activismo

Silverstone destaca por ser unha activista ambiental e dos dereitos dos animais. Ela fíxose vegana en 1998 despois de asistir a unha reunión sobre os dereitos dos animais, dicindo "Decateime de que eu era o problema […] Era unha amante dos animais, que estaba comendo animais".[8] Ela afirmou que loitou contra o vexetarianismo na infancia, afirmando que "aos oito anos é difícil quedarse coas túas armas, polo que ao longo dos anos sempre empecei e deixei de tentar ser vexetariana".[9] Reivindicou tamén os dereitos e o benestar das mulleres, participando en eventos acerca deses temas.[10]

Notas

  1. Morgan, Adam (2009). Wiley, ed. Eating the Big Fish: How Challenger Brands Can Compete Against Brand Leaders. p. 144. ISBN 978-0470238271. 
  2. Vaughn, Jacqueline (2003). ABC-CLIO, ed. Environmental Activism: A Reference Handbook. p. 167. ISBN 978-1576079010. 
  3. Photography By Rodale Images (5 de abril de 2012). Womenshealthmag.com, ed. "Alicia Silverstone: The Kind Diet | Women's Health Magazine". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  4. Wihlborg, Ulrica (Consultado o 18 de abril de 2012). "Marriage, Alicia Silverstone". people.com; 13 de xuño de 2005;. 
  5. "Amor, naturalmente". ." Revista People 27 de xuño de 2005.
  6. "Alicia Silverstone e o seu marido Christopher Jarecki sepáranse". 27 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  7. "Alicia Silverstone Gives Birth to a Boy". Peoplemag (en inglés). Consultado o 2023-01-26. 
  8. Pener, Degan. "Alicia no país das marabillas." InStyle Home primavera de 2007.
  9. "Silverstone struggled with childhood vegetarianism". breakingnews.iol.ie. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2009. Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  10. "La actriz Alicia Silverstone será la principal oradora en la Cumbre Anual de Bienestar de la Mujer en El Paso". MSN (en castelán). Consultado o 2023-01-26. 

Véxase tamén

Ligazóns externas