Almàssera
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Nord ![]() | ||||
Capital | Almácera (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.672 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2,7 km² ![]() | ||||
Altitude | 10 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Emilio José Belencoso Rodrigo ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46132 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46032 ![]() | ||||
Código ARGOS de concellos | 46032 ![]() | ||||
Sitio web | almassera.es… ![]() |
Almàssera é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 2.985 habitantes (2008).
Xeografía
Almàssera atópase situado ao norte da cidade de Valencia, na marxe esquerda do barranco de Carraixet, nun terreo completamente chairo de arxila e areas. O termo municipal de Almàssera limita con Alboraia, Bonrepòs i Mirambell, Meliana, Tavernes Blanques e Valencia, todas elas da provincia de Valencia.
Este barranco de Carraixet cruza o termo de oeste a leste e serve de límite con Alboraia e Tabernes Blanques, estando normalmente seco ou cun pequeno curso de auga, exceptuando os períodos de choiva, nos que poden producirse perigosas inundacións (como a de 1957, que causou danos cuantiosos). O clima da vila é mediterráneo.
Historia
Foi un antigo casal musulmán doado polo rei Xaime I en 1238 ao bispo de Huesca, Vidal de Canyelles. En 1242 pertencía a Miró de Ciutadella. Está documentado o mandamento dun pago de cincuenta sólidos a D.P. Marrades a data do 7 de maio de 1372 e outro o 26 de xuño do mesmo ano, segundo consta no libro "Claveria Comuna".
Despois até 1610, foi señorío dos Artés, pasando posteriormente a ser propiedade dos condes de Parcent, até a abolición dos señoríos en 1814.
Demografía
Almàssera conta cunha poboación de 6.955 habitantes (2008).
Evolución demográfica de Almàssera | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | ||||||
Poboación | 1.675 | 1.956 | 2.261 | 2.335 | 2.625 | 2.729 | 2.965 | 4.713 | 5.482 | 5.396 | 5.759 | 6.737 | 6.883 | 6.928 |
Economía
A superficie cultivada é de regadío. Adoitan obterse tres colleitas ao ano. Os principais cultivos son hortalizas. Régase con augas dos caldeiróns de Rascanya e Montcada. A principal industria é a cerámica e a fundición.