Alonso de Ojeda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1466 Torrejoncillo del Rey, España |
Morte | c. 1515 (48/49 anos) Santo Domingo (Imperio Español) |
Lugar de sepultura | Panteón Nacional da República Dominicana |
Actividade | |
Ocupación | explorador, Conquistadores casteláns, gobernador |
Período de actividade | 1493 (Gregoriano) - |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Coroa de Castela |
Rama militar | Armada Española |
Participou en | |
xullo de 1503 | Masacre de Jaragua |
maio de 1499 | Expedición de Ojeda en Venezuela de 1499 |
24 de setembro de 1493 | Viaxe de Colón a América de 1493 |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Alonso de Ojeda, nado en Torrejoncillo del Rey (provincia de Cuenca) arredor de 1466[1] e finado en Santo Domingo de Guzmán en 1515, foi un navegante, gobernador e conquistador español. Percorreu as costas da Güiana, Venezuela, Trinidad, Tobago, Curaçao, Aruba e Colombia. É famoso por dar o nome Venezuela á rexión que explorou nas súas dúas primeiras viaxes e por descubrir o lago de Maracaibo e fundar Santa Cruz (La Guairita).
Traxectoria
Naceu en Torrejoncillo del Rey en 1468, no seo dunha familia fidalga de poucos recursos. Na súa mocidade estivo ó servizo do duque de Medinaceli, Luis de la Cerda,[2] como paxe. Alonso de Ojeda era parente próximo dun alto membro do Tribunal da Inquisición, do seu mesmo nome, quen lle presentou o bispo de Badaxoz, e moito despois de Burgos e presidente da Xunta de Indias, Juan Rodríguez de Fonseca.
Participou na toma de Granada, onde deixou constancia das súas dotes militares, da súa destreza como espadachín e da súa audacia.[3] Alonso era de pouca estatura, intelixente e gallardo. Tiña fama de que sempre era o primeiro en sacar sangue en calquera loita.[3][4] Segundo Bartolomé de las Casas, combinaba "na súa persoa todas as perfeccións corporais que podía ter o home, malia o seu pequeno tamaño".[5]
O mozo Ojeda gañou en breve a boa vontade do bispo, quen ofreceu dispensarlle a súa protección á primeira oportunidade. Alonso tiña vinte e seis anos en 1494.
O bispo soubo distinguir a ambición que podía servirlle nos plans que por entón maduraba para anular o poder de Cristovo Colón.
Chegada á Española
En setembro de 1493, grazas a Rodríguez de Fonseca, embarcouse con Cristovo Colón na súa segunda viaxe a América, chegando á illa da Española. En xaneiro de 1494, Colón encargoulle que buscase algúns tripulantes extraviados no territorio da illa. Puido penetrar con só quince homes na rexión do Cibao, onde gobernaba un cacique caribe chamado Caonabo. Era Cibao, zona rica en minas de ouro e Ojeda regresou á La Isabela para informar ó Almirante, afectado alí dunhas febres.
Colón partiu para aquelas terras en marzo de 1494 e fixo fundar a fortaleza de Santo Tomás, da que nomeou alcaide a Ojeda.
Caonabo e os seus guerreiros atacaron o forte en canto tiveron oportunidade e Ojeda venceunos. A lenda di que logrou apresar persoalmente a Caonabo empregando unhas cadeas de ouro e enganando ó cacique facéndolle crer que eran pezas reais.
Tamén participou Alonso de Ojeda na Batalla de la Vega Real ou Batalla de Jáquimo, alcumando a Ojeda como «O Centauro de Jaquimo», na que, baixo o seu mando, os españois venceron ós indíxenas. Esta batalla enfrontaría a un número de indíxenas cifrado en dez mil por frei Bartolomé de las Casas fronte a tan só ó redor de catrocentos españois, aínda que é moi posible que estas cifras sexan esaxeradas. Posteriormente, en 1496, regresou a España.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Inglés
- Fernandez-Armesto, Felipe (2007). Amerigo: The Man Who Gave His Name to America. New York: Random House. ISBN 9781400062812.
- Floyd, Troy (1973). The Columbus Dynasty in the Caribbean, 1492–1526. Albuquerque: University of New Mexico Press.
- Modelo:Cite CE1913
- Howgego, Raymond John, ed. (2003). "Hojeda, Alonzo de". Encyclopedia of Exploration to 1800. Hordern House. ISBN 1875567364.
- Irving, Washington (1831). The Companions of Columbus. Philadelphia.
- Morison, Samuel Eliot (1974). The European Discovery of America: The Southern Voyages. New York: Oxford University Press.
- Romoli, Kathleen (1953). Balboa of Darien: Discoverer of the Pacific. Garden City, NY: Doubleday and Company.
- Sauer, Carl Ortwin (1966). The Early Spanish Main. University of California Press.
- Thomas, Hugh (2003). Rivers of Gold: The Rise of the Spanish Empire, from Columbus to Magellan. Random House. ISBN 0375502041.
- Vigneras, Louis-Andre (1976). The Discovery of South America and the Andalusian Voyages. University of Chicago Press.
- Castelán
- López de Gómara, Francisco. Medina del Campo (1555). Historia General de las Indias. Zaragoza.
- Enciclopedia Ilustrada Cumbre. México: Editorial Hachette Latinoamérica, S.A. de C.V. 1993. Tomo 10 Page 231. 32ª. ISBN 970-611-125-5.
- B. de las Casas, Historia de las Indias (cinco volumes, Madrid, 1875–76)