Alpes Marítimos (provincia romana)

Modelo:Xeografía políticaAlpes Marítimos

Localización
Editar o valor en Wikidata
 44°34′20″N 6°29′37″L / 44.57236, 6.49358
CapitalCemenelum (en) Traducir (63–297)
Eburodunum (en) Traducir (297–) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorNerón Editar o valor en Wikidata
Creación63 Editar o valor en Wikidata
Disolución476 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino de Italia Editar o valor en Wikidata

Alpes Maritimae foi unha provincia romana do Imperio romano. Foi unha das tres provincias situadas a carón dos Alpes entre a moderna Francia e Italia, xunto con Alpes Poeninae e Alpes Cottiae. A provincia incluía partes dos actuais departamentos franceses de Alpes-Maritimes, Alpes-de-Haute-Provence e Hautes-Alpes.

Historia

Fundada no 14 a.C. por Augusto, Alpes Maritimae tiña inicialmente a súa capital en Cemenelum (moderna Cimiez), actualmente un barrio da cidade de Niza, Francia.

No 297, a provincia estendeuse cara ao norte e noroeste ata o río Durance (Druentia) e o paso de Montgenèvre. A súa capital foi trasladada a Civitas Ebrodunensium, hoxe en día coñecida como Embrun.

No século III a provincia pasou a formar parte da Diocese de Vienne, que foi á súa vez parte da Prefectura da Galia.

Asentamentos

Os principais asentamentos dentro da provincia incluían:

  • Cemenelum (Cimiez)
  • Nicaea (Niza)
  • Antipolis (Antibes)
  • Portus Herculis Monoeci (Mónaco)
  • Salinae (Castellane)
  • Sanitium (Senez)
  • Vintium (Vence)

Despois do 297 a provincia foi ampliada para incluír:

  • Ebrodunum (Embrun)
  • Brigantio (Briançon)
  • Brigomagus (Briançonnet)
  • Civitas Rigomagensium / Rigomagus (Chorges)

Notas

Véxase tamén