Amazon
| Amazon.com, Inc. | |
|---|---|
Sede de Amazon en Seattle. | |
| Tipo | Pública |
| Fundación | 5 de xullo de 1994 |
| Localización | Seattle, |
| Persoas clave | Jeff Bezos (Presidente e CEO) Werner Vogels (CTO) |
| Industria | Comercio electrónico, servizos de computación na nube |
| Número de empregados | 566 000 (2017) |
| Na rede | |
| amazon.com | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
Jeff Bezos fundouna en 1994, pero non estivo operativa ata 1995. Primeiro especializouse na venda de libros e máis tarde diversificou as súas liñas de negocio, engadindo DVD, CD, software, videoxogos, alimentos, xoguetes e máis. É a marca de venda polo miúdo máis valiosa do mundo segundo o índice BrandZ.
Conta con almacéns nos Estados Unidos de América, o Canadá, Irlanda, o Reino Unido, Francia, Alemaña, o Xapón e a China.