American Dream
American Dream | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de LCD Soundsystem | ||||
Publicado | 1 de setembro de 2017 | |||
Gravación | outubro de 2016 - maio de 2017 | |||
Estudio(s) | DFA (Nova York) Lanark (Londres) Strongroom (Londres) The Church (Londres) B-Side (Portland, Oregón) | |||
Duración | 68:38 | |||
Xénero(s) | dance-punk, new wave, post-punk, synth-pop, art rock | |||
Selo(s) | DFA Records, Columbia Records | |||
Produtor | James Murphy | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
http://www.lcdsoundsystem.com | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
American Dream é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock LCD Soundsystem, publicado o 1 de setembro de 2017 a través dos selos DFA Records e Columbia Records. Foi anunciado o 5 de xaneiro de 2016, o día despois de que se revelase a reunión do grupo tras cinco anos disolto. ë o primeiro álbum de estudio da banda en sete anos, despois de This Is Happening (2010). O disco chegou ao número 1 da lista Top Rock Albums[1] e foi o primeiro álbum de LCD Soundsystem en chegar á cima da Billboard 200 estadounidense.[2]
Antes do seu lanzamento, LCD Soundsystem actuou en grandes festivais ademais de realizar concertos máis pequenos para promocionar a súa reunión. "Call the Police" e "American Dream" publicáronse xuntas como o sinxelo principal do álbum o día 5 de maio de 2017,[3] e "Tonite" editouse como segundo sinxelo o 16 de agosto.[4] "Oh Baby" aparecería posteriormente como sinxelo o 20 de setembro de 2018. O álbum recibiu unha ampla aclamación dos críticos musicais, apareceu en moitas listas de fin de ano e foi nomeado "Álbum do ano" por Mojo e Uncut. O álbum funcionou ben comercialmente e converteuse no primeiro álbum número un da banda nos Estados Unidos, Canadá[5] e Portugal.[6] Na 60ª edición dos premios Grammy, o álbum foi nomeado ao mellor álbum de música alternativa e "Tonite" gañou o premio Grammy á mellor gravación de dance.
American Dream está incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die do Robert Dimery.[7]
Listaxe de cancións
En edicións dixitais o título do álbum e os nomes das cancións aparecen escritos con minúsculas.
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Oh Baby" | James Murphy | 5:49 | ||||||
2. | "Other Voices" |
|
6:43 | ||||||
3. | "I Used To" |
|
5:32 | ||||||
4. | "Change Yr Mind" |
|
4:57 | ||||||
5. | "How Do You Sleep?" |
|
9:12 | ||||||
6. | "Tonite" |
|
5:47 | ||||||
7. | "Call the Police" |
|
6:58 | ||||||
8. | "American Dream" | Murphy | 6:06 | ||||||
9. | "Emotional Haircut" |
|
5:29 | ||||||
10. | "Black Screen" |
|
12:05 | ||||||
68:38 |
Notas
- ↑ "LCD Soundsystem - Top Rock Albums". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-15.
- ↑ "LCD Soundsystem - Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-15.
- ↑ "LCD Soundsystem drop new songs – hear Call the Police and American Dream". The Guardian (en inglés). 2017-05-05. ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-08-15.
- ↑ "LCD Soundsystem – “tonite”". Spin. Consultado o 15 de agosto de 2024.
- ↑ "LCD Soundsystem - Billboard Canadian Albums". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-15.
- ↑ "portuguesecharts.com - LCD Soundsystem - American Dream". portuguesecharts.com. Consultado o 2024-08-15.
- ↑ "LCD Soundsystem - American Dream - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2024-08-15.