American Hustle

American Hustle
Ficha técnica
Título orixinalAmerican Hustle
DirectorDavid O. Russell
ProdutorCharles Roven
Richard Suckle
Megan Ellison
GuiónEric Warren Singer
David O. Russell
IntérpretesChristian Bale
Bradley Cooper
Amy Adams
Jeremy Renner
Jennifer Lawrence
MúsicaDanny Elfman
FotografíaLinus Sandgren
MontaxeJay Cassidy
Crispin Struthers
Alan Baumgarten
EstudioAtlas Entertainment
Annapurna Pictures
DistribuidoraColumbia Pictures
EstreaAustralia 12 de decembro de 2013
13 de decembro de 2013
Duración138 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, comedia
Orzamento$40 000 000
Recadación$251 171 807
Na rede
IMDB: tt1800241 Filmaffinity: 896227 Allocine: 205330 Rottentomatoes: m/american_hustle Mojo: davido2013 Allmovie: v569321 TCM: 980162 Metacritic: movie/american-hustle
Facebook: AmericanHustle Twitter: americanhustle Netlix: 70281530Editar o valor em Wikidata

American Hustle é un filme estadounidense dirixido por David O. Russell que se estreou no 2013. O guión, escrito por Eric Warren Singer e Russell, está vagamente baseado nunha operación do FBI de finais dos anos 1970 e comezos dos 1980.[2] Está protagonizado por Christian Bale e Amy Adams como dous timadores que son forzados por un axente do FBI (Bradley Cooper) a colaborar nunha operación que ten como obxectivo descubrir políticos corruptos, incluído o alcalde de Camden, Nova Jersey, (Jeremy Renner). Jennifer Lawrence interpreta a impredecible muller do personaxe de Bale.

Sinopse

Estado de Nova York, anos setenta. Irving Rosenfeld (Christian Bale), un espelido estafador, e a súa intelixente e sedutora compañeira Sydney Prosser (Amy Adams) vense na obriga de traballar para un axente do FBI, Richie DiMaso (Bradley Cooper), que sen querelo os arrastra ó perigoso mundo da política e da mafia de Nova Jersey.

Personaxes

  • Christian Bale como Irving Rosenfeld
  • Bradley Cooper como Axente do FBI Richard "Richie" DiMaso
  • Amy Adams como Sydney Prosser / Lady Edith Greensly
  • Jeremy Renner como Alcalde Carmine Polito
  • Jennifer Lawrence como Rosalyn Rosenfeld
  • Louis C.K. como Stoddard Thorsen
  • Jack Huston como Pete Musane
  • Saïd Taghmaoui como Xeque árabe de Irving
  • Michael Peña como Paco Hernandez / Sheikh Abdullah
  • Shea Whigham como Carl Elway
  • Erica McDermott como Carl Elway's Assistant / Addie Abrams
  • Alessandro Nivola como Anthony Amado
  • Elisabeth Röhm como Dolly Polito
  • Colleen Camp como Brenda
  • Paul Herman como Alfonse Simone
  • Anthony Zerbe como Senador de Nova Jersey
  • Robert De Niro (sen acreditar) como Victor Tellegio

Galardóns e nomeamentos

  • 2013: Premios Oscars: 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme, director, actor e actriz.
  • 2013: Globos de Ouro: 3 premios, incluíndo mellor filme comedia. 7 nomeamentos.
  • 2013: Premios BAFTA: 3 premios. 10 nomeamentos.
  • 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme, guión, actriz secundaria (Jennifer Lawrence).
  • 2013: Critics Choice: 4 premios, incluíndo mellor comedia. 13 nomeamentos.
  • 2013: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano.
  • 2013: Satellite Awards: 8 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director.
  • 2013: Sindicato de Guionistas (WGA): Nomeado a mellor guión orixinal.

Notas

  1. "American Hustle (2013)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  2. Sherman, Ted (25 de novembro de 2013). "Jersey Hustle: The real-life story of Abscam". The Star-Ledger. Consultado o 3 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas