Ander Murillo

Modelo:BiografíaAnder Murillo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ander Murillo García Editar o valor en Wikidata
26 de xullo de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor en Wikidata
Número deportivo18 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1992–1999 Antiguoko
1999–2001 Athletic Club
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2002   Bilbao Athletic 14(0)
2001–2010   Athletic Club 157(1)
2009–2010 cesión UD Salamanca 37(0)
2010–2011   Celta de Vigo 23(0)
2011–2018   AEK Larnaca 184(3)
2020–2021 ASIL Lysi
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2001   España sub-17 2(0)
2001–2002   España sub-19 7(2)
2003–2003   España sub-20 2(0)
2003–2005   España sub-21 11(0)
2006–2006   País Vasco 1(0)
Familia
PaiLuciano Murillo Editar o valor en Wikidata
ParentesEliseo Murillo, tío Editar o valor en Wikidata

Ander Murillo García, nado en Donostia o 22 de xullo de 1983, é un futbolista vasco. Xoga de defensa e o seu equipo en 2010 é o Celta de Vigo da Segunda División de España.

É fillo de Luciano Murillo e sobriño de Eliseo Murillo, xogadores profesionais de fútbol da década de 1970, que xogaron na Real Sociedad.

Traxectoria

Formouse na canteira do Antiguoko club, desde onde pasou ao Athletic. xogou nas súas categorías inferiores ata 2001, ano no que pasa a formar parte do primeiro equipo.

Debutou en Primeira división o 24 de novembro de 2001 aos 18 anos de idade, no partido FC Barcelona 1:2 Athletic Club. Na súa primeira tempada xogou 11 partidos de liga. No Athletic xogou 7 tempadas consecutivas en primeira división, varias delas de titular, incluíndo partidos da Copa da UEFA (2004/05) e dúas semifinais da Copa do Rei (2002 e 2005). Coa chegada do adestrador Joaquín Caparrós ao equipo en 2007, a defensa do club bilbaíno fortaleceuse e a competencia fíxose maior, a irrupción de xogadores como Aitor Ocio ou Fernando Amorebieta desbancaron a Murillo, que perdeu peso no equipo e pasou a un segundo plano, ata desapareceu das convocatorias. As tempadas 2007/08 e 2008/09 foron a confirmación de que Murillo xa non contaba para o club branquivermello, por iso para a tempada 2009/10 foi cedido á Unión Deportiva Salamanca de Segunda división (equipo no que o seu pai terminou a súa carreira como xogador), para que puidese ter algúns minutos e non quedase estancado. Na UD Salamanca realizou unha boa actuación, sendo titular indiscutible e chegando a xogar 37 partidos de liga. Isto non cambiou as cousas no seu regreso a Bilbao, xa que antes de comezar a pretemporada 2010/11 comunicóuselle ao xogador que non se contaba con el e que se buscase equipo. En agosto de 2010 Ander Murillo pechou a súa fichaxe co Celta de Vigo, o cal será o seu equipo para as próximas tempadas.[1]

Selección nacional

Nunca foi internacional coa selección absoluta, aínda que si coa sub-17, sub-19, sub-20 e sub-21.

Clubs

Xuvenil

Club País Ano
Antiguoko España 1998-1999
Athletic Club España 1999-2001

Profesional

Club País Ano PX Goles
Bilbao Athletic España 2001-2002 14 0
Athletic Club España 2002-2009 132 1
UD Salamanca España 2009-2010 37 0
Celta de Vigo España 2010- - -

Palmarés

Copas internacionais

Título Club Ano
Eurocopa Sub19 Selección española sub-19 2002

(*) Incluíndo a Selección

Notas

  1. El Correo, ed. (19 de agosto de 2010). "Ander Murillo ficha polo Celta". Consultado o 19 de agosto de 2010. 

Ligazóns externas