Anko

Para o emperador xaponés do século V véxase Emperador Ankō
Para o personaxe de anime e manga, véxase Anko Mitarashi
Daifuku recheo de anko.

O anko é unha pasta de feixóns doces ou pasta de azuki (legume da especie Vigna angularis semellante a un feixón vermello) moi usada no Extremo Oriente, especialmente no Xapón e na China. Emprégase especialmente en repostaría para elaborar wagashi (pasteliños xaponeses, coma o coñecido daifuku feito de mochi.)

  • Chinés mandarín: 红豆沙 pinyin: hóngdòushā, Hokkien: taosa.
  • Xaponés: an (?), anko (餡子?).

É un ingrediente da Gastronomía da China e do Xapón onde ademais é usado para distintos tipos de doces e sobremesas. Elabórase esmagando as sementes de azuki até obtermos unha pasta á que lle engadiños azucre.

Pratos con anko na cociña chinesa

  • Sopa de feixóns vermellos
  • Tangyuan
  • Zongzi
  • Baozi (Doushabao)
  • Pastel de feixóns vermellos
  • Filloas recheas de pasta anko

Cociña xaponesa

  • Anmitsu (anko e xelatina)
  • Anpan (Pan recheo de anko)
  • Daifuku
  • Dorayaki (Dobre filloa con anko)
  • Manjū
  • Oshiruko ou Ozenzai (sopa de feixóns vermellos)
  • Taiyaki
  • Uirō (Un pastel tradicional xaponés)
  • Yōkan (Xelatina de feixón vermello)

Véxase tamén

Outros artigos