Annie Lennox
Annie Lennox | |
---|---|
Annie Lennox cos Eurythmics, Rock am Ring 1987 | |
Data nacemento | 25 de decembro de 1954 e 1954 |
Nado en | Aberdeen, Escocia |
Cónxuxe | Mitchell Besser |
Ocupación | cantante, compositora de cancións, artista discográfico, diretor de videoclipe, cantautora e HIV/AIDS activist |
Xénero | Música electrónica, Pop |
Na rede | |
http://www.annielennox.com | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ann Lennox, nada en Aberdeen o 25 de decembro de 1954, é unha cantante, compositora, activista política e filántropa escocesa, que obtivo o recoñecemento internacional na década de 1980 co grupo Eurythmics.
Traxectoria
Annie Lennox acadou a popularidade despois de cantar durante tres anos cos The Tourist (cos que gravou 3 LP). Nos anos oitenta entre Annie e o guitarrista do grupo, Dave Stewart, naceu unha relación sentimental e os dous decidiron deixar o grupo para crearen un novo: Eurythmics. No inicio da carreira dos Eurythmics, Lennox era coñecida polo seu xeito de vestir andróxino. Moitos xornalistas referíanse a ela como a Grace Jones branca. En 1991, tras a ruptura con Dave Stewart, deu inicio a unha longa carreira de solista con igual éxito.
O seu primeiro álbum solista de 1992, Diva, foi un éxito de crítica e vendas: o seu éxito continuou grazas aos sinxelos extraídos del, con numerosos premios e unha banda sonora para o filme Drácula de Bram Stoker, de Francis Ford Coppola de 1992. No mesmo ano participou tamén no Freddy Mercury Tribute Concert facendo duetos con David Bowie na canción "Under Pressure".
Medusa foi publicado tres anos despois que Diva e obtivo bos resultados de venda. En 1997 Annie gravou novamente a canción dos Eurythmics "Angel" en homenaxe a Diana de Gales. En 1998 volveu establecer contacto con Dave Stewart e en 1999 os renacidos Eurythmics produciron o álbum Peace. En 2003 publicou o seu terceiro disco solista, Bare.
En 2004, Lennox gañou o Óscar na categoría de mellor canción por "Into The West" do filme The Lord of the Rings: The Return of the King. En xullo de 2005, Annie Lennox participou no Live 8 en Hyde Park, Londres. En 2007 publicou o álbum Songs of Mass Destruction.
Discografía como solista
Sinxelos
- 1988 "Put A Little Love In Your Heart" (con Al Green)
- 1992 "Why"
- 1992 "Precious”
- 1992 “Walking On Broken Glass”
- 1992 “Cold”
- 1993 “Little Bird”
- 1993 “Love Song For A Vampire”
- 1995 “No More 'I Love You's”'
- 1995 “A Whiter Shade Of Pale”
- 1995 “Waiting In Vain”
- 1995 “Something So Right” (con Paul Simon)
- 2003 “Pavement Cracks”
- 2004 “1000 Beautiful Things”
- 2004 “Wonderful”
- 2007 “Sing” (con Madonna)