Anthony Burgess

Anthony Burgess
Nome completoJohn Anthony Burgess Wilson
AlcumeДжозеф Келл, Энтони Пауэл, Энтони Джилверн e Anthony Burgess
Nacemento25 de febreiro de 1917
Lugar de nacementoHarpurhey e Manchester
Falecemento22 de novembro de 1993
Lugar de falecementoSt John's Wood e Londres
Causacancro de pulmón
SoterradoMónaco
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
RelixiónIgrexa católica
Alma máterXaverian College e Victoria University of Manchester
Ocupaciónescritor, xornalista, tradutor, guionista, poeta, compositor, novelista, autobiógrafo, crítico literario, escritor de ciencia ficción, escritor de literatura infantil, especialista en literatura, libretista, dramaturgo, pedagogo, roteirista de cinema, mestre e literary scholar
CónxuxeLiana Burgess
Coñecido porA Clockwork Orange
PremiosPrometheus Award - Hall of Fame, Comendador das Artes e as Letras, membro da Royal Society of Literature, Companion of Literature, Premio Hugo á mellor presentación dramática, PEN/Ackerley Prize e Christopher Award
Na rede
IMDB: nm0121256 Allocine: 36262 Allmovie: p230162 IBDB: 78265
iTunes: 46814361 Musicbrainz: 17f86faf-1f10-4bc1-b35a-97683d45aab2 Discogs: 470482 WikiTree: Wilson-53550 Find a Grave: 16220748 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John Anthony Burgess Wilson, nado en Manchester o 25 de febreiro de 1917 e finado o 25 de novembro de 1993, foi un escritor británico do século XX. Alén das súas dotes como novelista, tamén destacou por ser compositor, lingüista, profesor e periodista.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia católica de clase media. O seu pai era pianista e a súa nai morreu cando Burgess tiña apenas 2 anos de vida. Na década dos corenta fixo o servizo militar inglés en Xibraltar, en plena segunda guerra mundial. Despois da guerra, Burgess traballou para o Servizo Colonial británico na illa de Borneo e en Malaisia como responsábel educativo. Neses anos foille diagnosticado un tumor cerebral, que o afastou un pouco do que estaba a facer e acercouno á literatura.

Dentro da súa produción literaria podemos destacar a novela A Clockwork Orange (A Laranxa Mecánica) do 1962, que foi levada ao cinema polo director Stanley Kubrick no ano 1971. Esta obra destaca pola sátira social que fai o propio autor, e pola introdución dunha xerga xuvenil inventada polo propio Burgess (o nadsat), que toma gran parte dos termos de linguas eslavas, das que Burgess era coñecedor.

No ano 1993 Anthony Burgess morreu dun cancro de pulmón.