Anton Shkaplerov
Anton Nikolaevich Shkaplerov, nado en Sebastopol o 20 de febreiro de 1972, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-22, Soiuz TMA-15M, Soiuz MS-07 e Soiuz MS-19 e foi membro das expedicións 29, 30, 42, 43, 54, 55 e 65 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Shkaplerov graduouse como piloto e enxeñeiro pola Escola Kachinsk de Pilotos da Forza Aérea en 1994 e na Escola Zukovskiy de Enxeñaría da Forza Aérea en 1997. Foi seleccionado como cosmonauta en maio de 2003, adestrándose entre xuño dese ano e xuño de 2005. Partipou nas misións Soiuz TMA-22, Soiuz TMA-15M, Soiuz MS-07 e Soiuz MS-19 e sendo membro das expedicións 29, 30, 42, 43, 54, 55 e 65 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 533,23 días no espazo.[1][2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Shkaplerov, Anton Nikolayevich" (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (26 de agosto de 2011). "Preflight Interview: Anton Shkaplerov" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de marzo de 2021.
Véxase tamén
Outros artigos
- Soiuz TMA-22
- Soiuz TMA-15M
- Soiuz MS-07
- Soiuz MS-19
- Expedición 29
- Expedición 30
- Expedición 42
- Expedición 43
- Expedición 54
- Expedición 55
- Expedición 65
- Estación Espacial Internacional