Antonio Pizzuto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1893 Palermo, Italia |
Morte | 23 de novembro de 1976 (83 anos) Roma, Italia |
Educación | Universidade de Palermo (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Antonio Pizzuto, nado en Palermo o 14 de maio de 1893 e finado en Roma o 23 de novembro de 1976, foi un escritor italiano.
Traxectoria
Naceu nunha familia rica, fillo do avogado Giovanni Pizzuto e de Maria, poeta. Estudou na escola Vittorino da Feltre e no instituto Vittorio Emanuele II, onde coñeceu a Salvatore Spinelli. Logo de licenciarse en xurisprudencia en 1915 e en filosofía en 1922 na Universidade de Palermo, fixo carreira na administración pública, comezando na Scuola di Polizia Scientifica, subinspector de Trento, inspector en Bolzano e Arezzo, e finalmente vicepresidente da Comisión internacional de policía criminal (Interpol) con sede a Viena e despacho en Francia, Inglaterra e Alemaña. Xubilouse en 1950, pasando a residir en Roma.
Tradutor do grego e latín, Pizzuto foi tamén un gran coñecedor do inglés, francés e alemán, da que traduciu unha obra de Immanuel Kant[1].
Escribiu numerosas novelas, comezando en 1912 co relato Rosalia. En 1938, co pseudónimo de Heis, publicou a súa primeira novela autobiográfica, Sul ponte di Avignone. Trala súa xubilación comezou a súa época máis frutífera coa serie Memorie di un questore e as colaboracións co periódico Polizia Moderna, para o que escribe relatos, e coa revista filosófica Sophia, onde publica recensións e traducións. En 1959 publica Signorina Rosina grazas ao apoio de Romano Bilenchi e Mario Luzi. Os seus escritos, inicialmente de carácter en certa medida autobiográficos, adoitan ter citas cultas e novidades léxicas, liberándose progresivamente das normas temporais, sintácticas e gramaticais que caracterizan a documentación histórica.
No ano 2007 estreouse o filme de Nosrat Panahi Nejad Antonio Pizzuto 1993-1976.
Algunhas das súas obras foron traducidas ao francés.
Obras principais
- Sul ponte di Avignone (1938)
- Signorina Rosina (1956, 1959)
- Si riparano bambole (1960)
- Ravenna (1962)
- Il triciclo (1962)
- Paginette (1964)
- Sinfonia (1966)
- Natalizia (1966)
- La bicicletta (1966)
- Vezzolanica (1967)
- Nuove paginette (1967)
- Testamento (1969)
- Pagelle I (1973)
- Pagelle II (1975)
- Giunte e virgole (1975)
- Ultime e penultime (póstuma, 1978)
- Giunte e virgole (póstuma, 1996, obra completa)
- Rapin e Rapier (póstuma, 1998)
- Così (póstuma, 1998)
- Spegnere le caldaie (póstuma, 1999)
- Narrare (póstuma, 1999)
- Sinfonia 1923 (póstuma, 2005)
- Giunte e Caldaie (póstuma, 2008)
- Sinfonia (1927) (póstuma, 2010)
Notas
- ↑ Immanuel Kant, Fondamenti della metafisica dei costumi, (tradución, introdución e notas de Antonio Pizzuto), Edizioni Remo Sandron, Palermo, 1942 (en italiano).