Aparello
O termo aparello[1] pode referirse a:
- Obxecto físico mecánico ou non, constituído por varias pezas combinadas para executar un traballo ou realizar unha función
- Conxunto de órganos que nos animais e plantas concorren para a realización dunha determinada función. Os aparellos respiratorio, circulatorio, dixestivo etc. Neste caso é sinónimo de aparato
- Aparello, un instrumento utilizado para a pesca.
- Aparello, o conxunto de mastros, vergas, cabos e velas que lle permiten a unha embarcación moverse aproveitando o movemento do aire (vento);
- Aparello, a forma, estrutura ou disposición construtiva dun muro;
- Conxunto de correas e outros elementos necesarios para cargar, montar ou apoñer unha cabalgadura ou outro animal.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aparello.