Aquila Basket Trento

Dolomiti Energia Trento
Información xeral
Liga LBA
Alcume Orogranata
Fundación 1995
Cores           Branco, negro
Presidente Italia Luigi Longhi
Adestrador Italia Emanuele Molin
Patrocinador Dolomiti Energia
Localización
Cidade Italia Trento, Italia
Pavillón PalaTrento
Capacidade 4 360
Inauguración 2000
aquilabasket.it

O Aquila Basket Trento, actualmente coñecido como Dolomiti Energia Trento por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Trento, Trentino-Tirol do Sur. Fundado en 1995 como fusión de dous clubs locais, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.

Historia

O Aquila Basket nace en 1995 grazas a Gianni Businelli e Marco Angelini, presidentes, respectivamente, do Dolomiti Sport BC Trento e do Pallacanestro Villazzano, ambos clubs da Serie D. No ano 2000, Giovanni Zobele converteuse no presidente do club e a mesma temporada o club ascende á Serie C2, ascendendo á Serie C1 tan só dous anos despois.[1] Tras anos en categorías inferiores, na temporada 2011−12, o Trento conseguiu promocionar á LegaDue. O club adaptouse rapidamente á segunda división, conseguindo disputar os play-offs polo ascenso na súa primeira temporada, aínda que finalmente sen éxito. Porén, na seguinte temporada o equipo mellora os seus resultados, finalizando primeiros na fase regular e conseguindo o seu ascenso á máxima categoría. A súa primeira temporada na elite foi tamén un gran suceso, finalizando no seu primeiro ano no cuarto posto, contando sobre todo coa axuda de Tony Mitchell, máximo anotador e MVP da Serie A. Isto permitiu que na temporada 2015−16 o equipo debutase en competicións europeas, concretamente na Eurocup, onde chegaron ás semifinais, nas que perderon ante o Strasbourg IG francés.

Patrocinadores

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Soci Trento (1995−2005)
  • Bitumcalor Trento (2005−2013)
  • Aquila Basket Trento (2013−2014)
  • Dolomiti Energia Trento (2014–presente)

Historial

Temporada Liga Copa Europa
Nivel Liga Pos. Playoff Nivel Resultado Nivel Liga Resultado
2011–12 3 DNA 2 Campións 3 Semifinalista
2012–13 2 LegaDue 8 Semifinalista 2 Campións
2013–14 2 DNA Gold 1 Campións 2 Subcampións
2014–15 1 Serie A 4 Cuartofinalista 1 Cuartofinalista
2015–16 1 Serie A 8 Cuartofinalista 1 Semifinalista
2
Eurocup
SF
2016–17 1 Serie A 4 Subcampións
2017–18 1 Serie A 5 Subcampións
2
Eurocup
T16
2018–19 1 Serie A 6 Cuartofinalista
2
Eurocup
FR
2020–21 1 Serie A 8 Cuartofinalista
2
Eurocup
T16
2021–22 1 Serie A 13 1 Cuartofinalista
2
Eurocup
FR

Notas

  1. "Storia" [History]. AquilaBasket.it (en Italian). Consultado o 31 August 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas