Arauca é un dos 32 departamentos de Colombia, que se atopa no extremo norte da rexión da Orinoquía do país. Limita polo norte e polo leste con Venezuela, polo sur cos departamentos de Vichada e Casanare, e polo oeste con Boyacá.[1] O seu territorio abrangue unha superficie de 23.818 km², unha área semellante á da illa europea de Sardeña.