Aritz López Garai
Aritz López Garai | |||
---|---|---|---|
López Garai no 2009, no Trofeo Cidade de Pontevedra. | |||
Información persoal | |||
Nome | Aritz López Garai | ||
Nacemento | 6 de novembro de 1980 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Barakaldo | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Tenerife (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–1998 | Indartsu | ||
1998–1999 | Athletic Bilbao | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2001 | Baskonia | 68 | (5) |
2001–2002 | → Gernika (cedido) | 32 | (0) |
2002–2005 | Conquense | 103 | (2) |
2005–2007 | Salamanca | 73 | (4) |
2007–2009 | Castellón | 75 | (4) |
2009–2011 | Celta de Vigo | 78 | (1) |
2011–2013 | Córdoba | 81 | (6) |
2013–2014 | Sporting de Gijón | 14 | (0) |
2014 | → Córdoba (cedido) | 9 | (0) |
2014 | Córdoba | 6 | (0) |
2015 | Rapid București | 17 | (0) |
2015 | Doxa | 13 | (0) |
2016–2017 | Reus | 56 | (1) |
Total | 639 | (22) | |
Adestrador | |||
2017–2018 | Reus | ||
2018–2019 | Numancia | ||
2019– | Tenerife | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Aritz López Garai, nado en Barakaldo o 6 de novembro de 1980, é un exfutbolista e actual adestrador español. Xogaba de mediocentro defensivo e actualmente adestra ó CD Tenerife da Segunda División.
Traxectoria
Aritz López Garai formouse na canteira do Athletic Club, estivo en Lezama pero non pasou ao Bilbao Athletic senón ao CD Baskonia tamén filial do Athletic pero en Terceira.[1]
A tempada 2001/2002 pasa á SD Gernika xa en Segunda División B e logo tres tempadas xogando coa UB Conquense, en 2005 perde a promoción de ascenso a Segunda ante o Real Madrid Castilla.
Tras cumprir contrato cos conquenses firma coa UD Salamanca e é con este equipo que logra subir de categoría ao gañar no partido decisivo da promoción de ascenso a Segunda de 2006 ao Sevilla Atlético. Debuta na Segunda División e é en xuño de 2007 que asina co CD Castellón.[2]
A tempada 2008-09 acaba contrato co CD Castellón e, tras especularse o seu traspaso pola Real Sociedad, finalmente é o Celta de Vigo o club que consegue o seu traspaso, e convértese na segunda fichaxe dos célticos para a tempada 2009-10.[3]
Clubs
Tempada | Club | País | Liga | Partidos | Goles | Copa | Goles | Ascenso | Goles | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2000/01 | CD Baskonia | España | Terceira División | - | - | ||||||||
2001/02 | SD Gernika | España | Segunda División B | 32 | 0 | ||||||||
2002/03 | UB Conquense | España | Segunda División B | 34 | 1 | ||||||||
2003/04 | UB Conquense | España | Segunda División B | 32 | 1 | 3 | 0 | ||||||
2004/05 | UB Conquense | España | Segunda División B | 37 | 0 | 3 | 0 | 4 | 0 | ||||
2005/06 | UD Salamanca | España | Segunda División B | 36 | 2 | 1 | 0 | 4 | 0 | ||||
2006/07 | UD Salamanca | España | Segunda División | 37 | 2 | 1 | 0 | ||||||
2007/08 | CD Castellón | España | Segunda División | 39 | 4 | 0 | 0 | ||||||
2008/09 | CD Castellón | España | Segunda División | 36 | 0 | 1 | 0 | ||||||
2008/09 | Celta de Vigo | Galicia | Segunda División | 33 | 1 | 4 | 0 | ||||||
(en Segunda B) | 171 | 4 | 7 | 0 | 8 | 0 | |||||||
(en Segunda) | 145 | 7 | 6 | 0 | |||||||||
Actualizado o 21 de xuño de 2009 |
Palmarés
Título | Club | País | Tempada |
---|---|---|---|
Segunda División B Española | UD Salamanca | España | 2006 |
Notas
- ↑ A canteira de Lezama (4 de marzo de 2008). "Estiveron en Lezama".
- ↑ El Periódico Mediterráneo (9 de xuño de 2007). "López Garai primeira fichaxe para a 07/08". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2007. Consultado o 08 de xullo de 2010.
- ↑ www.xornal.com (17 de xuño de 2009). "López Garai será o segundo reforzo do Celta 09/10". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2009. Consultado o 08 de xullo de 2010.