Arnold Sommerfeld

Arnold Sommerfeld
Nome completoArnold Johannes Wilhelm Sommerfeld
Nacemento5 de decembro de 1868
Lugar de nacementoKönigsberg
Falecemento26 de abril de 1951
Lugar de falecementoMúnic
Causaaccidente de tráfico
SoterradoNordfriedhof (Munique)
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Königsberg
Ocupaciónfísico teórico, matemático, profesor universitario e físico
CónxuxeJohanna Sommerfeld
Coñecido porconstante de estrutura fina, Bohr-Sommerfeld atom model, Sommerfeld number, Orr–Sommerfeld equation, Identidade de Sommerfeld, Sommerfeld radiation condition, Sommerfeld–Kossel displacement law e Lectures on Theoretical Physics
PremiosMedalla Max Planck, Medalha Lorentz, Medalha Oersted, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte, Medalla Matteucci, Foreign Member of the Royal Society e honorary doctor of the University of Calcutta
Na rede
WikiTree: Sommerfeld-146
editar datos en Wikidata ]

Arnold Sommerfeld , nado en Königsberg o 5 de decembro de 1868 e finado en Múnic o 26 de abril de 1951, foi un físico alemán que introduciu a constante da estrutura fina en 1919.[1] Ademais das súas achegas como científico nos campos da física atómica e da física cuántica, é salientable o seu labor como docente, sendo director de teses de doutoramento de numerosos futuros gañadores do premio Nobel tanto en física como en química.[2]

Traxectoria

Arnold Sommerfield naceu en Königsberg, onde estudou matemáticas. En 1891 cambiouse á Universidade de Gotinga, universidade na que obtivo unha cátedra en 1896. Dende 1897 exerceu como profesor da universidade Clausthal-Zellerfeld, e en 1900 como profesor de enxeñaría técnica na universidade de Aquisgrán, onde desenvolveu a súa teoría da lubricación hidrodinámica.[3]

O primeiro traballo de Sommerfeld baixo a supervisión de Klein foi un impresionante artigo sobre a teoría matemática da difracción, que incluía unha importante parte teórica sobre as ecuacións diferenciais. Outros traballos importantes trataron sobre o estudo da propagación das ondas electromagnéticas en cables e sobre o estudo do campo producido por un electrón en movemento.[2]

En 1921 visitou Madrid, e sendo sabedor dos descubrimentos de Miguel Catalán, interesouse por coñecelo persoalmente. Na primeira entrevista, Catalán non tivo ningún reparo en facerlle entrega dunha copia do seu traballo sobre o manganeso, antes de publicalo.[4]

En 1927 Sommerfield aplicou as estatísticas de Fermi-Dirac ao modelo de Drude dos electróns nos metais. A nova teoría resolvía moitos dos problemas, predicindo as propiedades térmicas dos metais.

Entre os seus alumnos de doutoramento figuraron destacados científicos, como Peter Debye (en 1908), Paul Ewald (en 1912), Wolfgang Pauli (en 1921), Werner Heisenberg (en 1923), ou Hans Bethe (en 1928). En total, supervisou preto de trinta teses de doutoramento durante os seus anos na Universidade de Múnic.<[2]

Sommerfeld morreu en 1951 en Múnic por mor das feridas dun accidente de tráfico mentres paseaba co seu neto.[5]

Eponimia

Ademais dos distintos conceptos científicos que levan o seu nome, bautizáronse na súa memoria o cráter lunar Sommerfeld[6] e o asteroide (32809) Sommerfeld.[7]

Notas

  1. "Arnold Sommerfeld". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Arnold Sommerfeld". MacTutor History of Mathematics archive. University of St Andrews. .
  3. "Universidad de Navarra. Cojinetes Hidrodinámicos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  4. As relacións de Catalán con Sommerfeld son analizadas por Sánchez Ron no seu artigo Miguel Catalán y Arnold Sommerfeld Revista española de física, ISSN 0213-862X, Vol. 8, n.º 3, 1994, páx. 52-55, e tamén son comentadas por Manuel Josep Traver Ribes na súa tese de doutoramento La historia de les ciències en l'ensenyament de la física y la química.
  5. "University of Texas Cécile DeWitt-Morette December 21 1922–May 8, 2017". The History of the University of Texas at Austin Department of Physics. [letter from] PROF. DR. W. PAULI. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. Just now I had a sad experience: my old teacher Sommerfeld died this week in Munich as a consequence of a street accident in the age of 82. 
  6. Sommerfeld
  7. Web de jpl. "(32809) Sommerfeld". 

Véxase tamén

Ligazóns externas