Aron Baynes
Aron John Baynes, nado o 9 de decembro de 1986 en Gisborne (Nova Zelandia), é un xogador de baloncesto profesional australiano.
Traxectoria
O 1 de xuño de 2009, Baynes asinou un contrato de dous anos co Lietuvos Rytas.[1] Ó remate da tempada 2009-10, Baynes desvinculouse do equipo lituano. O 15 de xullo de 2010, asinou un acordo de dous anos co EWE Baskets Oldenburg. En 40 partidos acadou 6.8 puntos e 3.7 rebotes por partido. O 29 de xuño de 2011, deixou o equipo alemán.[2]
O 24 de agosto de 2011, asinou un acordo dun ano co Ikaros Kallitheas grego.[3] O 1 de agosto de 2012, Baynes asinou un contrato dun ano co Union Olimpija esloveno.[4]
O 23 de xaneiro de 2013, Baynes asinou cos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).[5] O 15 de xuño de 2014, Baynes gañou o seu primeiro capmionato da NBA despois de que os Spurs derrotaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014. O 26 de setembro de 2014, asinou un novo contrato cos Spurs.[6]
Notas
- ↑ Lietuvos Rytas tabs center Baynes
- ↑ "Aaron Baynes leaves Oldenburg". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 20 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Ikaros gets Aron Bynes". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 20 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Union Olimpija also lands Baynes". Euroleague.net. 1 de agosto de 2012. Consultado o 9 de setembro de 2012.
- ↑ Spurs Sign Aron Baynes
- ↑ Spurs Re-Sign Aron Baynes