Artatama I

Artatama I
NacionalidadeMitanni
Ocupaciónmonarca
PaiShaushtatar
FillosShuttarna II e Mutemuia
editar datos en Wikidata ]

Artatama I ("o máis recto") foi rei de Mitanni sobre o -1430 – -1410, sucesor de Sausatatar.

Mantivo a extensión do reino e as boas relacións con Exipto ao comezo, pero o faraón Amenhotep II, no seu sétimo ano de reinado, fixo unha campaña na rexión de Qadesh e avanzou ao norte cara a Qana, onde capturou un corpo de carros de combate hurritas; entón entrou en Niya, onde foi moi ben recibido; no seu retorno a Exipto capturou un mensaxeiro hurrita enviado por Artatama I que supostamente incitaba á revolta aos vasalos exipcios.

Sucedeuno Shuttarna II.