Artaxerxes II

Artaxerxes II
Nacemento436 a. C.
Falecemento358 a. C.
Lugar de falecementoPersépole
SoterradoPersépole
RelixiónZoroastrismo
Ocupaciónrei
PaiDarío II
NaiParisatis
CónxuxeEstatira
FillosArtaxerxes III, Rodoguna (filha de Artaxerxes II), Atossa, Arsames, Apama e Amastris (filha de Artaxerxes II da Pérsia)
IrmánsOstanes, Ciro o Novo e Amástris (filha de Dario II)
editar datos en Wikidata ]

Artaxerxes II Memnón (c. -436 - -358) foi rei de Persia desde -404 ata a súa morte.

Traxectoria

Artaxerxes II nunha moeda aqueménida (ca. 330-300 a. de C.).

Defendeu a súa pretensión ao trono contra o seu irmán Ciro o Novo, o cal foi derrotado e morto na Batalla de Cunaxa no ano -401, e contra un levantamento dos sátrapas (gobernadores) das provincias occidentais (-366 - -358).

Tamén se enfrontou nunha guerra contra os espartanos (outrora aliados de Persia), os cales, baixo Axesilao, invadiron Asia Menor. Para vencer aos espartanos, Artaxerxes subornou a Atenas, Tebas e Corinto, cidades que se levantaron contra Esparta, iniciando a Guerra de Corinto. En -386 Artaxerxes II, abandonando aos seus aliados, pactou con Esparta a Paz de Antálcidas. Este tratado devolveu o control das cidades gregas de Xonia e Eolia na costa de Anatolia aos persas, mentres deixaba a Esparta como poder dominante na Grecia peninsular.

Malia o seu éxito en Grecia, Exipto, que se rebelara con éxito a principios do seu reinado, permanecía independente. O intento de reconquistar Exipto en -373 foi un fracaso total, pero nos seus últimos anos os persas lograron esmagar a un exército conxunto exipcio-espartano que pretendía conquistar Fenicia.

Actividade construtora

  • En Susa: restaurouse o palacio de Darío I e un baluarte das fortificacións Sud-orientais.
  • En Ecbatana: constrúese unha apadana e tráense novas estatuas.

En cambio non hai evidencias de moita actividade en Persépole.

Véxase tamén

Imperio Persa

Segue a:
Darío II
Artaxerxes II
Precede a:
Artaxerxes III
Dinastía Aqueménida