Articulación frontoparietal
A articulación frontoparietal é unha articulación inmóbil da parte superior da calota cranial. A súa osficiación plena non se acada ata os vinte ou mesmo os corenta anos. O retardo débese a que é preciso non pechar o cranio ata o remate do crecemento do cerebro. A esta mesma articulación denomínaselle sutura coronal.
As superficies articulares son:
- Bordo superior do óso frontal.
- Bordo anterior de ambos parietais.
O punto no que se unen a sutura cranial e a sutura lonxitudinal chámase bregma.
Unha osificación prematura é unha seria alteración, xa que co crecemento cerebral, habería un aumento perigoso da presión intracranial, debido a que non hai espazo para el.
-
Visión frontal do cranio.
-
Cranio dun cativo coas suturas sen pechar.
-
Visión do frontal artellándose cos ósos da faciana.