Ashleigh Barty

Ashleigh Barty
Nome completoAshleigh Barty
Nacemento24 de abril de 1996
Lugar de nacementoIpswich
NacionalidadeAustralia
EtniaAborixes australianos e English Australian
Alma máterWoodcrest State College
Ocupacióntenista e xogador de criquet
PremiosOfficer of the Order of Australia
Na rede
IMDB: nm9173309 Facebook: ashbar96 Twitter: ashbarty Instagram: ashbarty Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ashleigh Barty, nada en Ipswich, Queensland, o 24 de abril de 1996, é unha ex xogadora de tenis e antiga xogadora de crícket australiana. Chegou ao número un do mundo individual da Women's Tennis Association (WTA), sendo a segunda australiana que o logrou tras Evonne Goolagong Cawley.[a] Tamén chegou a estar entre as cinco mellores do mundo en dobres. Barty gañou sete títulos individuais do WTA Tour, incluído un título de Roland Garros.

Barty é unha xogadora de todas as superficies, que emprega unha ampla variedade de golpes no seu estilo de xogo. A pesar das súa curta estatura para unha xogadora de tenis profesional, ten un servizo excelente. Barty actúa como Embaixadora Nacional Indíxena do Tenis para Tennis Australia.

Traxectoria

Barty naceu en Ipswich en Queensland e comezou a xogar ao tenis con catro anos preto en Brisbane. Tivo unha carreira júnior prometedora, acadando o número dous do mundo tras gañar o título individual de nenas en Wimbledon en 2011. De adolescente, Barty tivo un éxito temperán en dobre no WTA Tour de 2013, chegando á final de tres torneos do Grand Slam coa veterana Casey Dellacqua, incluído o Aberto de Australia con dezaseis anos. Posteriormente, na temporada de 2014 decidiu tomar un descanso indefinido do tenis, pasando a xogar ao crícket. Asinou un contrato co Brisbane Heat para a temporada inaugural da Women's Big Bash League, sen recibir antes adestramento nese deporte.

Barty volveu ao tenis a principios de 2016. Revelouse como xogadora individual en 2017, gañando o seu primeiro título da WTA, o Malaysian Open, que lle valeu para chegar ao número 17 da clasificación sen chegar a estar entre as cen primeiras antes do seu tempo fóra do tenis.

O 23 de marzo de 2022 anunciou que abandonaba a práctica profesional do tenis á idade de 25 anos e sendo a número un da WTA[1].

Torneos de Grand Slam

Individual

Títulos (3)

Ano Torneo Opoñente na final Resultado
2019 Francia Roland Garros República Checa Markéta Vondroušová 6-1, 6-3
2021 Wimbledon República Checa Karolína Plíšková 6–3, 6–7(4–7), 6–3
2022 Australia Aberto de Australia Danielle Collins 6–3, 7–6(7–2)

Dobres

Títulos (1)

Ano Torneo Parella Opoñentes na final Resultado
2018 Aberto dos Estados Unidos Coco Vandeweghe Hungría Tímea Babos
Francia Kristina Mladenovic
3-6, 7-6(2), 7-6(6)

Finalista (5)

Ano Torneo Parella Opoñentes na final Resultado
2013 Australia Aberto de Australia Australia Casey Dellacqua Italia Sara Errani
Italia Roberta Vinci
2-6, 6-3, 2-6
2013 Wimbledon Australia Casey Dellacqua Su-Wei Hsieh
República Popular da China Shuai Peng
6-7(1), 1-6
2013 Aberto dos Estados Unidos Australia Casey Dellacqua República Checa Andrea Hlaváčková
República Checa Lucie Hradecká
7-6(4), 1-6, 4-6
2017 Francia Roland Garros Australia Casey Dellacqua Bethanie Mattek-Sands
República Checa Lucie Šafářová
2-6, 1-6
2019 Aberto dos Estados Unidos Belarús Victoria Azarenka Bélxica Elise Mertens
Belarús Aryna Sabalenka
5-7, 5-7

Notas

  1. "Ash Barty announces shock retirement from tennis at 25". the Guardian (en inglés). 2022-03-23. Consultado o 2022-03-23. 
  1. Margaret Court tamén acadou o número 1 antes de que se creasen as clasificacións da WTA en 1975.

Véxase tamén

Ligazóns externas